Abres, A Veiga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAbres, A Veiga

Localización
Mapa
 43°26′22″N 7°05′39″O / 43.4395, -7.09424Coordenadas: 43°26′22″N 7°05′39″O / 43.4395, -7.09424
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAsturias
Provinciaprovincia de Asturias
ConcelloA Veiga Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación187 (2018) Editar o valor em Wikidata (17,83 hab./km²)
Número de fogares128 (2001) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie10,49 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porrío Eo Editar o valor em Wikidata
Altitude70 m-37 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Código postal33779 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE33074010000 Editar o valor em Wikidata

Abres[1] é unha parroquia do concello asturiano da Veiga. Nos seus 10,49 km²[2] habitan un total de 187 persoas (segundo datos de 2017), repartidas entre as poboacións de Abres e Refoxos. Está a uns 70 metros de altura sobre o nivel do mar. Atópase na marxe dereita do río Eo, no límite máximo de alcance das mareas do mar Cantábrico, razón pola que o tramo baixo do río se denominou durante séculos "ría de Abres". De feito, na beira esquerda do río, xa en Galiza, atópase a parroquia da Ría de Abres, do concello lucense de Trabada.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Localidades[editar | editar a fonte]

Número Nome Poboación (2017) % Poboación de Abres
1 Abres 143 76,47%
2 Refoxos 44 23,53%

Lugares[editar | editar a fonte]

  • A Abraira
  • A Alameda
  • A Alcandra
  • A Arnela
  • Bustelo
  • O Canaval
  • Os Cantos
  • O Casal
  • A Casanova
  • A Chimpada
  • A Curuxa
  • A Curuxa de Baixo
  • A Curuxa de Riba
  • A Entreseca
  • A Ferraría
  • A Forxa
  • Grandamiá
  • Llanderrozos
  • O Marquín
  • A Mundiña
  • O Pao da Cruz
  • O Pebidal
  • A Pedreira
  • O Penedo
  • A Ponte
  • Pumardeveiga
  • O Rego da Pía
  • A Rúa
  • A Sela de Murias
  • A Torre
  • O Valdavila
  • A Veigadouria
  • Viladonga

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Igrexa parroquial de Santiago de Abres[editar | editar a fonte]

Dedicada ao Apóstolo, de estilo barroco do século XVIII. Ten pórticos aos pés e espadana de dous ollos. Conserva varios retablos da mesma época da edificación, ademais de dúas imaxes de Santiago, cabaleiro e peregrino. Coñecida como «templo de asilo» desde 1774. No libro da Confraría do Sacramento e do Rosario que se custodia no seu arquivo, consérvase unha bula do Papa Pío VI, datada no ano 1794, pola que se concedía indulxencia plenaria a quen acudise alí[3]:

«Una vez confesado y comulgado en el día de la festividad del mismo Santiago Apóstol, desde sus primeras vísperas hasta el ocaso del sol y allí rezasen a Dios Nuestro Señor por la paz y la concordia entre los Príncipes Cristianos, extirpación de las heregías y demás necesidades de la Iglesia»

Castelo de Pividal ou de Miranda[4][editar | editar a fonte]

Na zonna alta de Abres podemos atopar o Castelo de Pividal cun impoñente torreón almenado. O Palacio é o protagonista dun recinto amurallado e nel destaca o seu blasonada fachada de gusto Barroco, en cuxo frontón figura a data de construción do inmoble: 1674. Conta o recinto con capela, na que se garda a imaxe dunha curiosa advocación moi estendida por toda a conca do EO. Trátase de María da O e é un dos poucos exemplos que se coñecen da Virxe embarazada; do século XVII, a imaxe componse da talla da virxe e unha máis pequena do Neno apoiado no seu ventre. No 2003 foi adquirida polos seus actuais propietarios.

O Cristo da Ponte[editar | editar a fonte]

No lugar da Ponte, existía unha pequena capela que custodiaba unha figura de Cristo na cruz (s. XVII), á que a xente do lugar chama o Cristo da Ponte, imaxe que os peregrinos e camiñantes veneraban antes de cruzar o río Eo e entrar en Galicia. Actualmente esta figura inda existe e pódese observar en bo estado ó pasar polo lugar.

O Dicionario xeográfico-estatístico-histórico de España e as súas posesións de Ultramar de Pascual Madoz fíxose eco da existencia do paso, debido a que preto de tres dos seus piares construíuse unha presa para embalsar a auga que abastecía a tres muíños asentados na zona.

Personaxes ilustres[editar | editar a fonte]

Cándido Sanjurjo Fernández (1919 - 2010), escritor nado no barrio da Ponte en Abres.

Álvaro Fernández Fernández (1880 - 05/01/1988), naceu na parroquia de San Martín de Mohías no concello de Coaña. Estudou teoloxía en Sevilla, filosofía en Mondoñedo e latín en Navia. Ordenouse sacerdote en 1906. Desde 1920 era o titular das parroquias de Santiago de Abres e Guiar, en Asturias, e Ría de Abres en Trabada. Está soterrado no cemiterio parroquial de Santiago de Abres.

No momento do seu falecemento ós 107 anos chegou a ser o cura en activo máis lonxevo de España [5] e do mundo[6]

"Mi longevidad no tiene mayor secreto. Siempre he sido hombre y medio de fuerza. Echando un pulso no tenía rival y en mi juventud era capaz de levantar 50 kilos con los dientes. No he tenido vicios: ni fumar ni beber. Sólo jugar a los bolos, y a eso ganaba siempre".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Topónimos oficiais do concello da Veiga" (PDF). sede.asturias.es. Consultado o 4 de novembro de 2021. 
  2. Diccionario Geográfico de Asturias. Oviedo: Editorial Prensa Asturiana, S.A. 2000. 
  3. "Por Santiago de Abres (Vegadeo)". Asociación Astur-Leonesa de amigos del Camino de Santiago. Consultado o 13/03/2023. 
  4. "Palacios y Casonas". Concejo de Vegadeo. Consultado o 13/03/2023. 
  5. "Don Álvaro, siempre vivo en Abres". La Nueva España. 07/01/2013. Consultado o 14/03/2023. 
  6. "Álvaro Fernández, párroco de Abres". 06/01/1988. Consultado o 14/03/2023.