Federico Krutwig

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFederico Krutwig

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de maio de 1921 Editar o valor em Wikidata
Getxo, España Editar o valor em Wikidata
Morte15 de novembro de 1998 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Bilbao, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaAnarquismo e Nacionalismo vasco Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , político , académico Editar o valor em Wikidata
Membro de
Pseudónimo literarioFernando Sarrailh de Ihartza
Heiko Sagredo de Ihartza Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá, lingua éuscara, lingua grega, lingua castelá, lingua francesa e lingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Inguma: federiko-krutwig-sagredo-1921-1998 Literaturaren Zubitegia: 75 Dialnet: 14447

Federico Krutwig, nado en Getxo o 15 de maio de 1921 e finado en Bilbao o 15 de novembro de 1998, foi un escritor e político vasco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De pai alemán e nai vasca de orixe veneciana aprendeu éuscaro na adolescencia de forma autodidacta. En 1943 ingresou na Euskaltzaindia (Academia da Lingua Vasca). Partidario de normalización do éuscaro a partir do labortano por ser o dialecto máis usado na literatura.

En 1952 no discurso de contestación á entrada de Luis Villasante pronunciouse contra a actitude da igrexa coa lingua vasca e días despois tivo que deixar España pasando a Iparralde onde contactou co movemento Jagi. Influído pola revolta alxeriana en 1963 publicou o libro Vasconia baixo o sobrenome de Fernando Sarrailh de Ihartza,, onde cuestiona algúns aspectos do nacionalismo tradicional de Sabino Arana, propoñendo un novo nacionalismo vasco nunha Euskadi que comprendería o territorio entre o Ebro e o Garona e móstrase a favor da loita armada contra España.

Colaborou con EGI e en 1964 Francia expúlsao e instálase en Bruxelas relacionándose con membros de ETA e elaborando informes para a V Asemblea desa organización. Considerado o seu primeiro ideólogo, non obstante abandonou ETA en 1975 e estableceuse en Zarauz, dedicándose en exclusiva á produción literaria.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]