Fede Varela
(2021) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nome orixinal | Federico Nicolás Varela | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | (es) Federico Nicolás Varela Escudero 7 de maio de 1996 (28 anos) Buenos Aires, Arxentina | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,74 m. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 70 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2014 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Federico Nicolás Varela, coñecido futbolisticamente como Fede Varela, nado en Lanús o 7 de maio de 1996, é un futbolista galego-arxentino. Xoga como centrocampista no Phoenix Rising, do USL Championship dos Estados Unidos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nacido en Lanús, cidade do Gran Buenos Aires, xogou brevemente nas categorías inferiores de River Plate,[1] antes de trasladarse con nove anos a Galicia, onde viviu na vila lucense de Viveiro.[2] Xogou na canteira do Viveiro CF, onde comezou a destacar, sendo fichado polo Celta de Vigo. En 2014, aínda en idade xuvenil, abandonou o club celeste para fichar polo Stade Nyonnais suízo.[3]
Tras uns meses en Suíza, fichou en xaneiro de 2015 polo FC Porto,[4] incorporándose ao filial do club, co que disputou 70 partidos e marcou 16 goles. Na tempada 2017/18 foi cedido ao Portimonense, co que debutou na Primeira Liga.[5] Disputou 12 encontros, 6 deles como titular, rematando a liga na 10ª posición.
En xullo de 2018 chegou cedido ao Rayo Majadahonda, que acababa de ascender á Segunda División.[6][7] Debutou co equipo de Antonio Iriondo na primeira xornada da tempada 2018/19, contra o Zaragoza na Romareda, e xogou un total de 39 encontros, marcando 3 goles. O equipo madrileño acabou descendendo.
En xullo de 2019 foi traspasado ao Leganés, da Primeira División, co que asinou por dúas tempadas.[8] Con todo, non chegou a debutar co equipo en liga (xogou só un partido de Copa do Rei), e en xaneiro saíu cedido á UD Las Palmas ata o final da tempada.[9] No equipo de Pepe Mel xogou 18 partidos e marcou un gol.
O 19 de setembro rescindiu o seu contrato co Leganés e asinou por dous anos co Denizlispor turco.[10] Alí xogou 7 partidos da Süper Lig e un de Copa.
En xaneiro de 2021 rescindiu o seu contrato co club turco e uns días despois asinou co CSKA de Sofía.[11] Co equipo búlgaro, adestrado por Lyuboslav Penev, proclamouse campión da Copa de Bulgaria.[12] En decembro de 2022 marchou aos Estados Unidos, onde asinou como novo xogador do Phoenix Rising, do USL Championship, a segunda categoría do fútbol estadounidense.[13]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- CSKA Sofia
- Copa de Bulgaria (1): 2020/21.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Varela: "A veces pienso qué hubiese pasado de haber seguido en el River"". La Vanguardia (en castelán). 6 de decembro de 2018. Consultado o 12 de outubro de 2023.
- ↑ Gómez, Millán (25 de xaneiro de 2019). "Fede Varela: “Sempre estiven moi apegado a Lugo”". Consultado o 10 de xaneiro de 2022.
- ↑ "El mediapunta Fede Varela inicia una nueva aventura en el Stade Nyonnais suízo" (en castelán). 14 de outubro de 2014. Consultado o 10 de xaneiro de 2022.
- ↑ "El mediapunta Fede Varela ficha por el FC Porto" (en castelán). 29 de xaneiro de 2015. Consultado o 10 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Fede Varela llega al Rayo Majadahonda" (en castelán). 30 de xullo de 2018. Consultado o 10 de xaneiro de 2022.
- ↑ Barrera, Daniel (30 de xullo de 2018). "El Rayo Majadahonda ficha al mediocentro ofensivo Fede Varela". Marca (en castelán). Consultado o 10 de xaneiro de 2022.
- ↑ Jiménez, Mayca (30 de xullo de 2018). "Fede Varela llega cedido por el Oporto al Rayo Majadahonda". As (en castelán). Consultado o 10 de xaneiro de 2022.
- ↑ "El C.D. Leganés incorpora la juventud y calidad de Fede Varela" (en castelán). Consultado o 10 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Fede Varela llega cedido a la UD Las Palmas" (en castelán). 1 de xaneiro de 2020. Consultado o 10 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Denizlispor, firma Fede Varela" (en castelán). 18 de setembro de 2020. Consultado o 10 de xaneiro de 2022.
- ↑ Rolle, Iván D. (1 de febreiro de 2021). "Fede Varela refuerza al histórico CSKA de Sofía". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 10 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Una Copa de Bulgaria que se la llevó el CSKA-Sofía" (en castelán). 26 de maio de 2021. Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2022. Consultado o 10 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Los Phoenix Rising firman a Fede Varela para dar «un gran paso al frente» en el soccer". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de decembro de 2022. Consultado o 12 de outubro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do xogador en Transfermarkt (en inglés).
- Nados en Lanús
- Nados en 1996
- Futbolistas da Arxentina
- Futbolistas da provincia de Lugo
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do FC Stade Nyonnais
- Xogadores do FC Porto B
- Xogadores do Portimonense SC
- Xogadores do CF Rayo Majadahonda
- Xogadores do CD Leganés
- Xogadores da UD Las Palmas
- Xogadores do Denizlispor
- Xogadores do PFC CSKA Sofia