Fedón de Elis
Nome orixinal | (grc) Φαίδων |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século V a. C. Élida, Grecia (pt) |
Morte | século IV a. C. |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía |
Ocupación | filósofo |
Movemento | Escola de Erétria (pt) |
Profesores | Sócrates |
Alumnos | Menêdemo (pt) |
Influencias | |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Fedón (en latín Phaedon, en grego antigo Φαίδων) foi un filósofo grego natural de Elis, dunha familia nobre.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi feito prisioneiro na súa mocidade (na guerra entre Esparta e Elis ao redor do -401 ou -400 ) e foi comprado por un comerciante de escravos ateniense que o quería como amante, xa que era un mozo de notábel beleza. Escapou cando puido e púxose a servir a Sócrates, a quen coñecera, e un amigo de Alcibíades e de Critón finalmente pagou o seu rescate. Este amigo probabelmente fose Cebes, quen instruíu ao mozo en filosofía.
A partir dun diálogo que leva o seu nome suponse que Fedón estivo presente na morte de Sócrates e aínda era bastante novo, xa que tiña o pelo longo, que segundo o costume no Peloponeso se cortaba aos 18 anos. Tamén se fixo amigo de Platón.
Tras a morte de Sócrates viviu un tempo en Atenas e despois regresou a Elis onde fundou unha escola de filosofía na que tivo, entre outros discípulos, a Mosco e a Anquipilo; Sucedeuno á fronte da escola Pleistano, despois do cal a escola eleática se uniu a Menedemo de Eretria e a Asclepíades de Fliúnte, que se separaran da escola de Estilpón. Fundou a escola chamada primeiro da Élide, e despois dos eretrios, xa que se trasladou a Eretria.
Dado que non se conservan os seus escritos, non se determinou como era a súa filosofía, pero tivo certa repercusión na súa época. Dióxenes Laercio menciona algunhas das súas obras, pero son dubidosas:
- Νικίας
- Μήδιος
- Αντίμαχος ἢπρεσβίται
- Σκυθικοὶ λόγοι[1]
Suídas menciona:
- Σιμμίας
- Αλκιβιάδης
- Κριτόλαος[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dióxenes Laercio. περὶ βίων, δογμάτων καὶ ἀποφθεγμάτων τῶν ἐν φιλοσοφία εὐδοκιμησάντων (Sobre as vidas, as opinións e as sentenzas dos filósofos ilustres) II, 105
- ↑ Suídas. Φαίδων