Saltar ao contido

Faro de Monte Louro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Faro de Monte Louro

Tipobaliza Editar o valor en Wikidata
Datas
Entrada en servizo15 de decembro de 1862 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Altura focal27 m Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 42°44′21″N 9°04′43″O / 42.739258, -9.078658
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia da Coruña
ConcelloMuros
ParroquiaLouro
LugarMonte Louro Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Contacto
RedesPatrimonio Galego: 8658
Wikidata ] C:Commons ]

O faro de Monte Louro é un faro situado na Punta do Queixal do monte Louro, na embocadura da ría de Muros e Noia. Comezou a funcionar o 15 de xullo de 1862. Depende da Autoridade Portuaria de Vilagarcía[1]

Nos comezos contaba cun aparato catadrióptico de quinta orde, a súa luz era fixa e branca e acadaba as dez millas na normalidade do estado atmosférico.

O edificio é de planta rectangular e ten uns cen metros cadrados, coas dependencias distribuídas por un corredor central. A torre, troncopiramidal e coa sección hexagonal, alcanza os 5.30 m de altura e esta coroada por un balconciño cun lixeiro beiril, unha torre grande cilíndrica e a lanterna, poligonal e de 1.60 m. de diámetro, con cristais planos e montantes verticais.

Unha reforma alterou lixeiramente en 1919 o balconciño e a cuberta, adaptando ao aparato un xogo de pantallas xiratorias movidas por unha máquina de reloxaría da maquinista Valenciana. A característica fixouse en grupos de 4+1 ocultacións brancas.

A lámpada Maris estivo en uso ata o 18 de abril de 1949, en que foi substituída por un sistema de acetileno cun destellador AGA con válvula solar e queimador de 25 litros. A característica pasou a ser de grupos de 2+1 fulgores brancos, cun alcance de doce millas. O persoal suprimiuse e pasou a dar servizo ao faro de Rebordiño.

Actualmente atópase electrificado con utilización de enerxía fotovoltaica subministrada por seis módulos de 75 W/PÁX. Esta reforma foi realizada a principios do ano 1993.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
  1. "Relación de faros y balizas dependientes de la Autoridad Portuaria de Vilagarcía" (PDF). Porto de Vilagarcía (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de xuño de 2013. Consultado o 18 de agosto de 2019.