Far-Eastern blot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Far-Eastern blotting»)

O Far-Eastern blot é unha técnica desenvolvida en 1994 por Taki e colegas[1] na Universidade Médica e Dental de Tokio, Xapón para a análise de lípidos separados por cromatografía en capa fina de alto rendemento (HPTLC). Os lípidos son transferidos desde a placa de HPTLC a unha membrana de polivinilideno difluoruro (PVDF) para facer unha ulterior análise, por exemplo por medio de ensaios de unión de ligandos ou encimáticos[1] ou por espectrometría de masas.[2]

O colesterol, os glicerofosfolípidos e os esfingolípidos son os principais constituíntes da membrana plasmática e en certos casos funcionan como un segundo mensaxeiro na proliferación celular, apoptose e adhesión celular na inflamación e metástases de tumores. O far-eastern blot foi establecido como un método para transferir lípidos desde a placa de HPTLC á membrana de PVDF en só un minuto. Foron tamén estudadas as súas aplicacións con outros métodos. O far-eastern blot permite realizar as seguintes técnicas:

Con este método son posibles non só as análises de lípidos senón tamén as de metabolitos de fármacos e compostos naturais de plantas e hormonas ambientais.

Nome[editar | editar a fonte]

A técnica de blotting inicial foi a Southern blot, que recibiu o seu nome polo científico Edwin Southern. Despois apareceron outras técnicas que foron bautizadas con nomes xeográficos facendo un xogo de palabras co apelido Southern. No caso do far-eastern blot faise unha referencia á técnica do eastern blot e ao concepto xeográfico do "Far East" ou Oriente Distante, zona xeográfica onde está incluído Xapón, onde se inventou a técnica.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 D. Ishikawa and T. Taki (1998). "Micro-scale analysis of lipids by far-eastern blot (TLC blot)". Nihon yukagaku kaishi 47 (10): 963–970. doi:10.5650/jos1996.47.963. 
  2. Hamasaki H, Aoyagi M, Kasama T, Handa S, Hirakawa K, Taki T (January 1999). "GT1b in human metastatic brain tumors: GT1b as a brain metastasis-associated ganglioside". Biochim. Biophys. Acta 1437 (1): 93–9. PMID 9931455. doi:10.1016/S1388-1981(98)00003-1.