Family
Family | |
---|---|
Orixe | Leicester, Inglaterra |
Período | 1966 - 1973 2013 - presente |
Xénero(s) | rock progesivo, hard rock, rock psicodélico, jazz rock |
Selo(s) discográfico(s) | Liberty, Reprise, Raft, United Artists |
Membros | Roger Chapman Rob Townsend John "Poli" Palmer Jim Cregan |
Antigos membros | John "Charlie" Whitney Jim King Ric Grech Harry Ovenall John Weider John Wetton Tony Ashton |
Na rede | |
Family é unha banda inglesa de rock activa dende finais de 1966 ata outubro de 1973, e novamente dende 2013 para unha serie de concertos. O seu estilo caracterizouse como rock progresivo, xa que o seu son a miúdo exploraba outros xéneros, incorporando elementos de estilos como o folk, a psicodelia, o acid rock, o jazz fusión e o rock and roll. O grupo conseguiu recoñecemento no Reino Unido polos seus álbums, as súas xiras e por aparicións en festivais.[1][2][3]
As cambiantes formacións de Family ao longo da súa relativamente curta existencia levou a unha diversidade de sons nos seus distintos álbums. O grupo tamén adoita a ser visto como un artista inxustamente esquecido[1] en comparación con outras bandas do mesmo período, e foi descrito como unha "banda estraña amada por un pequeno pero rabioso grupo de fanáticos".[2]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Music in a Doll's House | 1968 | Reprise Records |
Family Entertainment | 1969 | Reprise Records |
A Song for Me | 1970 | Reprise Records |
Anyway | 1970 | Reprise Records/United Artists |
Fearless | 1971 | Reprise Records/United Artists |
Bandstand | 1972 | Reprise Records/United Artists |
It's Only a Movie | [[]] | Raft/United Artists |