Facundo Salinas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Facundo Salinas
Nacemento2 de maio de 1971
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxogador de hóckey sobre xeo
editar datos en Wikidata ]

Facundo Salinas Moyano, nado o 2 de maio de 1971 na localidade de Mendoza (Arxentina) é un ex xogador de hóckey a patíns. Logo do Campionato do Mundo de 1995 foi considerado o mellor defensa do mundo. Vestiu a camiseta da selección arxentina en 127 ocasións, antes de retirarse do equipo nacional arxentino no 2001.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Facundo Salinas comezou a súa carreira deportiva no seu país vestindo a camiseta do Leonardo Murialdo, converténdose en internacional absoluto. Chegou a Europa da man do Thiene, co que xogou na Serie A ata a súa fichaxe polo H.C. Liceo en 1993, converténdose nun piar fundamental dentro do equipo coruñés e capitán, co que gañou catro Copas do Rei, unha Recopa de Europa, unha Copa CERS e unha Copa de Europa, destacando este último título gañado nun Pazo dos Deportes de Riazor da cidade herculina cheo fronte ao Igualada HC no que marcou o gol decisivo da final na quenda de penaltis. No 2004 abandonou a disciplina do Liceo para xogar unha tempada no Óquei Clube de Barcelos antes de colgar os patíns no 2005

No 2008, con 37 anos estivo a piques de asinar co daquela Cerceda Liceo (actual CP Cerceda), que daquela lideraba a 1ª División[1], aínda que finalmente non asinou por cuestións técnicas.

Palmarés[editar | editar a fonte]

H.C. Liceo[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.