Factorio
Factorio | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Wube Software |
Distribuidora(s) | Wube Software |
Lanzamento | 25 de febreiro de 2016 e 14 de agosto de 2020 |
Xénero | jogo de sobrevivência, videoxogo de estratexia en tempo real, videoxogo de acción, videoxogo de ciencia ficción, simulación de construción e xestión e sandbox game |
Modos de xogo | videoxogo para un xogador, videoxogo multixogador e modo cooperativo |
Plataforma(s) | Microsoft Windows, Linux, macOS e Nintendo Switch |
Na rede | |
https://www.factorio.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Factorio é un videoxogo de simulación, construción e xestión desenvolvido e publicado polo estudo checo Wube Software. O xogo anunciouse a través dunha campaña de financiamento colectivo de Indiegogo en 2013 e lanzouse para Windows, macOS e Linux o 14 de agosto de 2020 tras unha fase de acceso anticipado de catro anos e críticas positivas. Posteriormente o xogo foi lanzado en Nintendo Switch o 28 de outubro de 2022. Hai modos para un xogador e multixogador, así como oito escenarios de xogo adicionais.
Os autores lanzaron Factorio: Space Age, unha expansión do xogo base, o 21 de outubro de 2024.[1]
Sinopse
[editar | editar a fonte]O videoxogo segue a historia dun enxeñeiro que aterra nun planeta alieníxena e debe coller recursos e crear unha industria automatizada para construír un foguete; non obstante, como é un videoxogo sandbox, os xogadores poden continuar o xogo despois do final da historia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Friday Facts #418 - Space Age release date". factorio.com. Consultado o 2024.