FORTE
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Forte.
| FORTE | |
|---|---|
Representación artística de FORTE. | |
| Tipo | Observación terrestre. |
| Organización | USAF[1] |
| Satélite de | Terra |
| Data de lanzamento | 29 de agosto de 1997[2][3][4] |
| Foguete portador | Pegasus XL[1][3] |
| Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[3][5] |
| Obxectivo da misión | Monitorización do cumprimento dos tratados de prohibición de probas nucleares.[3][5] |
| NSSDC ID | 1997-047A |
| Masa | 215 kg[1][3] |
| Datos orbitais | |
| Semieixo maior | 7185,1 km[2] |
| Inclinación | 70 graos[2] |
| Apoapse | 832,5 km[2] |
| Periapse | 795,7 km[2] |
FORTE (acrónimo de Fast On-orbit Recording of Transient Events) é un satélite artificial dos Estados Unidos lanzado o 29 de agosto de 1997 mediante un foguete Pegasus XL desde a base Vandenberg da Forza Aérea.[1][3]
Características
[editar | editar a fonte]A misión de FORTE é facer medicións de radioemisións provenientes da superficie terrestre para verificar que se cumpren os tratados de prohibición de ensaios nucleares.[3][5]
A estrutura básica do satélite está feita dun composto de grafito e epoxi e pesa só 41 kg. FORTE leva unha antena despregable de 10 m de longo, varios magnetómetros, un sensor de horizonte terrestre, un volante de inercia e unha barra de torque magnético.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "FORTE (P94-1)" (en inglés). Consultado o 22 de xaneiro de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "FORTE" (en inglés). Consultado o 22 de xaneiro de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (4 de novembro de 2011). "FORTE" (en inglés). Consultado o 22 de xaneiro de 2012.
- ↑ "Note verbale dated 12 June 1998 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (98-54610): 5. 24 de xuño de 1998. Consultado o 22 de xaneiro de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Mark Wade (2011). "FORTE" (en inglés). Consultado o 22 de xaneiro de 2012.