Explorer 31

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Explorer 31 / DME (Direct Measurement Explorer)
Explorer 31 (DME A).jpg
Explorer 31 antes do lanzamento.
TipoObservación terrestre.
OrganizaciónNASA
Destino actualRetirado.
Satélite deTerra
Data de lanzamento29 de novembro de 1965[1][2][3][4]
Foguete portadorThor[2][5]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[2]
Obxectivo da misiónEstudio da ionosfera terrestre.[2]
NSSDC ID1965-098B
Masa98,9 kg[2][6]
Dimensións76 cm de diámetro por 63,5 cm de alto.[6]
Datos orbitais
Semieixo maior8039,6 km[1]
Inclinación79,8 graos[1]
Apoapse2827,1 km[1]
Periapse510,1 km[1]

DME (acrónimo de Direct Measurement Explorer), ou Explorer 31, foi un satélite artificial da NASA lanzado o 29 de novembro de 1965 mediante un foguete Thor desde a base Vandenberg da Forza Aérea. No mesmo lanzamento púxose en órbita o satélite canadense Alouette 2, que xunto con Explorer 31 formaron a misión cooperativa ISIS-X.[2][6]

Características[editar | editar a fonte]

Explorer 31 / DME adicouse a facer medicións da ionosfera terrestre mediante sete experimentos a bordo. Os datos transmitíanse en tempo real cando o satélite estaba á vista das estacións de comunicación a falta dunha grabadora no satélite.[2]

O satélite estabilizábase mediante xiro, co eixo perpedicular ó plano orbital. A velocidade de xiro e o eixo de rotación controlábanse por un sistema de par magnético a bordo do satélite. A información de actitude viña proporcionada por un sensor solar e un magnetómetro triaxial.[2] A alimentación eléctrica era proporcionada por células solares e baterías.[5]

O satélite funcionou sen problemas salvo por un fallo parcial de potencia en maio de 1966 que reducíu o tempo de obtención de datos á metade.[2]

As observacións cesaron o 1 de xullo de 1969, con cinco dos sete experimentos aínda funcionando. O 1 de outubro de 1969 tomáronse datos da sonda electrostática durante 9 minutos. O 15 de xaneiro de 1971 intentouse contactar co satélite, que non respondeu a ningún dos comandos enviados, quedando oficialmente abandonado.[2]

Instrumentos[editar | editar a fonte]

Explorer 31 levaba sete experimentos a bordo:[2]

  • un experimento de ións termais.
  • un experimento de electróns termais.
  • unha sonda electrostática.
  • unha sonda de temperatura de electróns.
  • un espectrómetro de masas.
  • un monitor de correntes de electróns enerxéticos.
  • un espectrómetro de masas magnético de ións.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "EXPLORER 31 (ISIS-X)" (en inglés). Consultado o 9 de xaneiro de 2012. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 NASA (4 de novembro de 2011). "DME-A" (en inglés). Consultado o 9 de xaneiro de 2012. 
  3. "Letter dated 24 January 1966 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (66-02234): 2. 28 de xaneiro de 1966. Consultado o 9 de xaneiro de 2012. 
  4. Claude Lafleur (2019). "CRRES" (en inglés). Consultado o 9 de novembro de 2019. 
  5. 5,0 5,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: DME (ISIS-X)" (en inglés). Consultado o 9 de xaneiro de 2012. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Mark Wade (2011). "DME" (en inglés). Consultado o 9 de xaneiro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]