Explorer 20

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Explorer 20 / IE-A / TOPSI
Explorer 20 antes do lanzamento.
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento25 de agosto de 1964, 13:43 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorScout X4[2][5]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[2][6]
Obxectivo da misiónEstudo da ionosfera terrestre.[2][6]
NSSDC ID1964-051A
Masa44,5 kg[5]
Datos orbitais
Semieixo maior7304 km[1]
Inclinación79,9 graos[1]
Apoapse1003,9 km[1]
Periapse862,1 km[1]

Explorer 20 (non confundir co satélite do mesmo nome que non chegou a alcanzar órbita por fallo do seu foguete lanzador, un Delta B), tamén coñecido como IE-A (acrónimo de Ionospheric Explorer A) e TOPSI, foi un satélite artificial da NASA lanzado o 25 de agosto de 1964 mediante un foguete Scout X4 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.[2][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

Explorer 20 foi lanzado coa misión de estudar a distribución de electróns, a densidade iónica e a temperatura da ionosfera terrestre, así como estimar o ruído a niveis entre 2 e 7 MHz ó longo da súa órbita. Como instrumentos levaba unha sonda ionosférica de seis frecuencias e unha sonda iónica.[2][5][6]

O satélite tiña forma de cilindro curto rematado nos dous extremos por sendos conos truncados. A sonda iónica, situada no extremo dun mastro curto, saía do cono superior. As seis antenas (formadas por tres dipolos) da sonda ionosférica sobresaían do ecuador do satélite. Un dos pares de antenas medía 18,28 m de lonxitude por cada antena, mentres que as restantes catro medían 9,14 m. Explorer 20 estabilizábase mediante xiro, a 1,53 r.p.m., co eixo de xiro contido no plano orbital. Un ano despois a velocidade de xiro quedou reducida a 0,45 r.p.m.[2][5]

Explorer 20 non levaba grabadora a bordo, polo que os datos só podían recollerse en tempo real nas proximidades dunha estación terrestre. As estacións estaban distribuídas para recoller datos sobre os 80 graos oeste, ademais de disporse de estacións en Hawai, Singapur, o Reino Unido, Australia e diversas zonas de África. Os datos eran transmitidos polo satélite en períodos de media hora a catro horas segundo a enerxía dispoñible. A misión funcionou ben durante uns 16 meses.[2][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "EXPLORER 20" (en inglés). Consultado o 20 de abril de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (27 de marzo de 2013). "IE-A" (en inglés). Consultado o 20 de abril de 2013. 
  3. "Letter dated 12 October 1964 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (64-21944): 2. 16 de outubro de 1964. Consultado o 20 de abril de 2013. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Explorer 20 / IE-A / TOPSI" (en inglés). Consultado o 20 de abril de 2013. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: IE A (TOPSI, S 48)" (en inglés). Consultado o 20 de abril de 2013. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Mark Wade (2011). "IE" (en inglés). Consultado o 20 de abril de 2013.