Expiación e outros relatos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Expiación e outros relatos
Retrato da autora
Título orixinalExpiation/The Lady's Maid's Bell/The Descent of Man/The Other Two
Autor/aEdith Wharton
OrixeEstados Unidos de América
LinguaInglés
Xénero(s)Relato
Data de pub.1902, 1903, 1904
Primeira edición galega
TraduciónCelia Recarey
EditorialIrmás Cartoné
Data de pub.2023
Páxinas160 pp.
Artista da cubertaCarlos Valdés García

Expiación e outros relatos é unha escolma de contos da escritora estadounidense Edith Wharton, publicado en galego no ano 2023. Foi editado por Irmás Cartoné, con tradución directa do inglés de Celia Recarey.[1]

Relatos[editar | editar a fonte]

O libro compila os seguintes relatos de Wharton:[1][2]

Título en galego Título orixinal Ano de publicación
Expiación Expiation 1903
O timbre de servizo The Lady's Maid's Bell 1902
A orixe do home The Descent of Man 1904
Os outros dous The Other Two 1904

Sinopse[editar | editar a fonte]

  • Expiación. Historia satírica sobre un escritor a piques de facer o seu debut literario.[3]
  • O timbre de servizo. Desesperada por atopar traballo, unha moza chamada Hartley decide aceptar un posto na casa dos Brympton, escura e chea de segredos.[4]
  • A orixe do home. Un eminente investigador decide publicar un libro pseudocientífico para poñer en evidencia este tipo de ideas; porén, a súa obra convértese nun éxito de vendas. O protagonista serve para explorar satiricamente a teoría da evolución de Darwin e o debate xurdido ao seu redor.[5][6]
  • Os outros dous. Unha parella de recén casados, os Waythorn, terán que asumir as consecuencias dos divorcios anteriores da esposa. O texto aborda o tema do divorcio, moi polémico na súa época.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Expiación e outros relatos, de Edith Wharton – Irmás Cartoné". Consultado o 2024-03-07. 
  2. "Edith Wharton's Short Stories: Publication Dates". public.wsu.edu. Consultado o 2024-03-07. 
  3. "Expiation". Consultado o 2024-03-07. 
  4. "LitCharts". LitCharts (en inglés). Consultado o 2024-03-07. 
  5. Sherrod, Kate (2013-11-10). "Kate of Mind: Edith Wharton's THE DESCENT OF MAN AND OTHER STORIES". Kate of Mind. Consultado o 2024-03-07. 
  6. Saunders, Judith P. (2022-12-01). "Evolution, “Pseudo-science,” and Satire: Edith Wharton’s “The Descent of Man”". Evolutionary Studies in Imaginative Culture (en inglés) 6 (2): 57–70. ISSN 2472-9876. doi:10.26613/esic.6.2.299. 
  7. "The Other Two Summary and Study Guide". SuperSummary (en inglés). Consultado o 2024-03-07. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]