Evelyn Berezin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Evelyn Berezin
Nacemento12 de abril de 1925
Lugar de nacementoBronx
Falecemento8 de decembro de 2018
Lugar de falecementoManhattan
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterChristopher Columbus High School, Hunter College e Universidade de Nova York
Ocupacióninformática teórica, enxeñeira e venture capitalist
PremiosWomen in Technology Hall of Fame e Computer History Museum fellow
Na rede
WikiTree: Berezin-3 Find a Grave: 195273833 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Evelyn Berezin, nada o 12 de abril de 1925 no Bronx (Nova York) e finada o 8 de decembro de 2018 en Manhattan, foi unha enxeñeira informática estadounidense. Desenvolveu o primeiro sistema de reserva de billetes de avión para United Airlines. Tamén é coñecida como a nai dos procesadores de textos, xa que en 1968 desenvolveu a idea dun programa que permitise almacenar e editar textos.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Berezin foi á Universidade de Nova York coa intención de especializarse en negocios ata que recibiu unha oferta de traballo e lle pediron que cambiara o seu campo de estudo á física. Finalmente licenciouse en física en 1945 e en 1946 recibiu unha bolsa da Comisión da Enerxía Atómica dos Estados Unidos para cursar estudos de posgrao na mesma Universidade de Nova York. En 1951, aceptou un traballo na Electronic Computer Corporation (Elecom) de Brooklyn como deseñadora de ordenadores. Tras a compra de Electronic Computer Corporation por Underwood Corporation e a súa conversión na División Elecom, Berezin converteuse na xefa do departamento de deseño lóxico.[2] [3]

En 1953, mentres traballaba para a Underwood Company (orixinalmente coñecida como Underwood Typewriter Company), Berezin creou o que hoxe se considera a primeira computadora de oficina.[4] Underwood fusionouse posteriormente con Olivetti, pero o proxecto non continuou.[4] Despois de traballar na Underwood Typewriter Company, Berezin foi a Teleregister onde desenvolveu o primeiro sistema informatizado de reservas aéreas para United Airlines.

En 1968, Berezin deseñou un procesador de textos para simplificar o traballo de oficina, e en 1969 fundou a primeira empresa en desenvolver procesadores de texto, Redactron Corporation.[4] A empresa levou un tempo perfeccionar o procesador de textos, pero finalmente conseguiu e despois de anos de investigación e desenvolvemento a empresa pasou de contar inicialmente con nove empregados a chegar case aos 500. En 1976, Redactrom véndese a Burroughs Corporation.[3]

De 1980 a 1987, Berezin foi presidente da Greenhouse Management Company, socio xeral dun grupo de capital risco centrado en empresas tecnolóxicas en fase inicial.[2] Ademais, ao longo da súa traxectoria foi membro dos consellos de administración de diversas empresas públicas, como CIGNA (transnacional estadounidense dedicada ao sector asegurador), Koppers CO., Datapoint e Standart Microsystems.[3]

Durante a súa carreira recibiu doutoramento honoris causa da Universidade de Adelphi e da Universidade de Eastern Michigan. Berezin tamén foi executiva en CIGNA, Standard MEMS, Koppers, Stony Brook Foundation na State University of New York, Boyce Thompson Institute,[5] Datapoint[4][3] e finalmente directora en Intellicheck Inc.

Berenzin e o seu defunto marido financiaron a bolsa Sam and Rose Berezin Endowment Scholarship, unha bolsa concedida a estudantes universitarios que planean estudar nos campos da ciencia, a enxeñaría ou as matemáticas.[6]

Patentes[editar | editar a fonte]

  • Information Transfer Apparatus[7]
  • Electronic Data File Processor[8]
  • Information Transfer System[9]
  • On-Line Data Transfer Apparatus[10]
  • Electrical Assemblage[11]
  • Data Processing System[12]
  • Arithmetic Device[13]
  • Electronic Calculator with Dynamic Recirculating Storage Register[14]
  • Control means with Record Sensing for an Electronic Calculator[15]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Evelyn Berezin, 93, Dies; Built the First True Word Processor" (en inglés). Consultado o 11 de decembro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Long Island Technology Hall of Fame". Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2018. Consultado o 25 de xaneiro de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Evelyn Berezin2015 Fellow". Arquivado dende o orixinal o 3 de abril de 2015. Consultado o 27 de marzo de 2015. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "Evelyn Berezin". WITI Hall of Fame. Women in Technology International. 
  5. "Sion Power". Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2015. Consultado o 6 de maio de 2015. 
  6. "Donor Profiles". Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2014. 
  7. "US3312945 A". 
  8. "US3017610 A". 
  9. "US3256514 A". 
  10. "US3231865 A". 
  11. "US3461552 A". 
  12. "US2913176 A". 
  13. "US2943790 A". 
  14. "US3187167 A". 
  15. "US2973141 A". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]