Eustaquio II de Boulogne

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEustaquio II de Boulogne

Editar o valor em Wikidata
Biografía
NacementoDucado de Lorena, Reino de Francia Editar o valor em Wikidata
Mortec. 1087 Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfeudatario Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloCount of Lens (en) Traducir (1054–1087)
Count of Boulogne (en) Traducir (1047–1087) Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Flandres Editar o valor em Wikidata
CónxuxeIda de Lorena (1057 (Gregoriano)–)
Goda of England (1036 (Gregoriano)–)
ParellaNN (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosGodofredo de Bouillon
 () Ida de Lorena
Ida
 () Ida de Lorena
Balduíno I de Xerusalén
 () Ida de Lorena
Eustaquio III de Boulogne
 () Ida de Lorena
Godefroy de Boulogne, Lord of Carshalton (en) Traducir
 () NN (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisEustaquio I de Boulogne Editar o valor em Wikidata  e Matilda of Louvain (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsLambert II, Count of Lens (en) Traducir, Gerberga van Boulogne (pt) Traducir e Geoffroy de Boulogne (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Boulogne-8

Eustaquio II de Bologne (en francés Eustache IIe de Boulogne), coñecido tamén como Eustace aux Gernons (Eustaquio con bigotes), nado entre 1015 e 1020 no Ducado de Lorena (Reino de Francia), e finado contra 1087, foi un nobre francés.[1][2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Eustaquio I e Matilde de Lovaina, ao morrer seu pai, herdou o condado de Boulogne, mentres que seu irmán Lamberto herdou o de Lens. Sempre viviu en busca de aliados poderosos para evitar que o seu veciño, o conde Balduíno V de Flandres, anexionara o seu condado, que era próspero por acharse na ruta comercial entre Francia e Inglaterra.

Contra 1036 casou con Goda de Inglaterra, irmá de Eduardo o Confesor, matrimonio que lle permitiu establecer unha alianza coa monarquía inglesa.[4] Viúvo de Goda (1047), Eustaquio casou en 1049 con Ida de Lorena.[3]

Eustaquio II de Boulogne foi un dos compañeiros de Guillerme o Conquistador na batalla de Hastings, polo que recibiu grandes posesións en Inglaterra. Gran personaxe, os seus dominios estendíanse no que hoxe é Pas-de-Calais. Foi o primeiro conde de Boulogne en acuñar moeda.

En 1048 uniuse ao seu sogro contra o emperador Henrique III. Ao ano seguinte, o papa León IX excomungouno por casar dentro do grao prohibido de consanguinidade.[5]

En 1051 Eustaquio visitou Inglaterra e foi recibido con honor na corte de Eduardo o Confesor, o seu excuñado, co que continuaban sendo aliado. Pero, por outra parte, Godwin de Wessex, a figura dominante na Inglaterra da época, casara ao seu fillo Tostig con Judit de Flandres. Máis aínda, Sven, outro fillo de Godwin, mantiña unha disputa co fillastro de Eustaquio, Raúl o Tímido. Unha pelexa na que estiveron implicados cabaleiros de Eustaquio e cidadáns de Dover derivou nun grave conflito entre o rei e Godwin. Este último, en cuxa xurisdición estaba Dover, negouse a castigar aos habitantes, polo que o rei desterrouno cos seus fillos en setembro de 1051. Poren, Godwin regresou e desembarcou ao ano seguinte á fronte de tropas flamengas e, pola forza, obtivo de Eduardo a devolución das súas terras.

Descendencia[editar | editar a fonte]

Non tivo fillos da súa primeira unión con Goda de Inglaterra (ou Godjifu). Do seu matrimonio con Ida de Lorena naceron:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tanner, Heather. "The Expansion of the Power and Influence of the Counts of Boulogne under Eustace II". Anglo-Norman Studies 14: 251-277.
  2. "NORTHERN FRANCE, NOBILITY". Consultado o 8 de agoto de 2021.  NORTHERN FRANCE, NOBILITY presenta un rango de datas tanto para o seu nacemento como para o seu pasamento. A Encyclopædia Britannica 9ª Ed. apoia 1087 como ano da morte. Isto entra en conflito coa fonte anterior e con Holböck, Ferdinand (2002). Married Saints and Blesseds. Ignatius Press. p. 147. ISBN 0-8987-0843-5.  e Duby, Georges (1996). Love and Marriage in the Middle Ages. University of Chicago Press. p. 40. ISBN 0-2261-6774-7. 
  3. 3,0 3,1 Heather J. Tanner, "Eustace (II), count of Boulogne (d. c.1087)", Oxford Dictionary of National Biography, Oxford University Press, 2004.
  4. Vitalis, Ordericus (1854). The Ecclesiastical History of England and Normandy, Vol II. Londres: H. G. Bohn. p. 12. 
  5. ​Eustaquio e Ida descendían de Luís II de Francia e eran parentes en sétimo grado. Porén, ao non coñecerse a súa ascendencia completa, é posíbel que houbera unha relación máis próxima. É probábel que o papa, que fora elixido polo emperador, actuara en beneficio de Henrique. En Tanner, H., p. 263.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bridgeford, Andrew (1999). "Was Count Eustace II of Boulogne the patron of the Bayeux Tapestry?". Journal of Medieval History 25: 155–185. 
  • Bridgeford, Andrew (2004). "Whose Tapestry is it Anyway?". History Today 54. 
  • Bridgeford, Andrew (2005). 1066: The Hidden History in the Bayeux Tapestry. Walker & Company. ISBN 1-8411-5040-1.