Eustaquio I de Boulogne
Eustaquio I de Boulogne | |
---|---|
Conde de Boulogne | |
Reinado | 1033 - 1049 |
Outros títulos | Conde de Lens |
Nacemento | Ca. 995 Ducado de Lorena (Reino de Francia) |
Falecemento | 1049 |
Predecesor | Balduíno II, conde de Boulogne |
Sucesor | Eustaquio II de Boulogne |
Cónxuxe/s | Maud de Boulogne |
Descendencia |
|
Casa real | Casa de Flandres Casa de Boulogne (fundador) |
Proxenitores | Balduíno II, conde de Boulogne Adelina de Holanda |
![]() Escudo de Armas do Condado de Boulogne | |
Na rede | |
![]() | |
Eustaquio I de Boulogne (en francés Eustace Ier, dit à l'Œil (Perçant) [chamado O Ollo (Penetrante)]), nado contra o ano 995 no Ducado de Lorena (Reino de Francia), e finado en 1049, foi un nobre francés, o fundador da rama de Boulogne da Casa de Flandres. Foi conde de Boulogne desde 1033 a 1049.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Eustaquio era o único fillo do conde de Boulogne Balduíno II e a súa esposa Adelina de Holanda, filla do conde de Holanda Arnolfo de Holanda (950-993) e Liutgarda de Luxemburgo (955-1003).[2]
Segundo o Chronicon Centulense ou Chronique de l'Abbaye de Saint-Riquier, o seu pai, o conde Balduíno, foi asasinado en combate, en 1033, polo conde de Ponthieu Enguerrando I, que casou coa súa viúva, Adelina de Holanda (o matrimonio entre Adelina e Enguerrando é confirmado polo Europäische Stammtafeln, vol II, cap. 2,[3] e tomou posesión do ducado de Boulogne, asumindo o título de conde como Eustaquio I.
Eustaquio I (Eustachius comes) é mencionado en dous documentos das Actes et documents anciens intéressant la Belgique:
- No primeiro, datado en 1061, é recordado como un dos autores dunha doazón á abadía de Saint-Amand, que tivo lugar entre 1049 e 1056.[4]
- No segundo, de 1125, na que o conde de Flandres, Carlos I, confirma unha propiedade a unha abadía de Lille, referíndose a ela como unha doazón do seu antecesor, Balduíno V, conde de 1035 a 1067, citado coa súa muller, Adela, Eustaquio (Eustachio scilicet comite Bolonie) e outros.[5]
Eustaquio I morreu en 1049 e foi enterrado en Samer (Boulogne-sur-Mer).
Foi sucedido no título de conde de Boulogne polo seu fillo máis vello, Eustaquio II, mentres que o condado de Lens foi para o seu terceiro fillo, Lamberto, como Lamberto II.
Descendencia[editar | editar a fonte]
Eustaquio I e Matilde tiveron catro fillos (o seu matrimonio vén confirmado en Auberti Miræi).[6]
- Eustaquio (circa 1020 - circa 1088), conde de Boulogne.[7]
- Godofredo (? - circa † 1095), bispo de París, segundo confirma Flandria Generosa.[8]
- Lamberto [5] (? - † 1054), conde de Lens.
- Xerberga (? - 1049), que casou co duque da Baixa Lorena (Lotarinxia) Federico (Gerbergam, Friderici ducis uxorem) (1003 † 1065).[9]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Tanner, Heather. "The Expansion of the Power and Influence of the Counts of Boulogne under Eustace II". Anglo-Norman Studies 14: 251-277.
- ↑ Eustache I de Boulogne (-1049). Comte de Boulogne en Medieval Lands.
- ↑ As Europäische Stammtafeln son unha relación das árbores xenealóxicas das máis influentes familias europeas.
- ↑ Monumenta Germanica Historica, Scriptores, tomus IX: Genealogica comitum Buloniensium, par. 1, páxinas 37-39.
- ↑ Actes et documents anciens intéressant la Belgique, páxinas 166-167.
- ↑ Auberti Miræi [... Opera diplomatica et historica, tomus I].
- ↑ Monumenta Germanica Historica, Scriptores, tomus IX: Genealogica comitum Buloniensium, par. 1, páx. 37-39 Arquivado 23 de setembro de 2015 en Wayback Machine..
- ↑ Monumenta Germanica Historica, Scriptores, tomus IX: Genealogica comitum Buloniensium, par. 1, páx. 301.
- ↑ Monumenta Germanica Historica, Scriptores, tomus IX: Genealogica comitum Buloniensium, par. 1, páx. 663.