Euromillóns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Países participantes no Euromillóns:
     Países fundadores (febreiro 2004)     Países restantes (outubro 2004)

O Euromillóns é unha lotaría europea, levada a cabo polos organismos encargados da lotaría en cada un dos países participantes. O primeiro sorteo tivo lugar o venres 13 de febreiro de 2004 en París. España, Francia e o Reino Unido foron os primeiros que tomaron parte, pero os organismos de lotaría de Austria, Bélxica, Irlanda, Luxemburgo, Portugal e Suíza uníronse posteriormente, o 8 de outubro de 2004. En Andorra tamén é posible xogar a través de administracións de Loterías y Apuestas del Estado.

O sorteo lévase a cabo todos os martes e venres pola tarde, e ten lugar en París. Os billetes de lotaría teñen un prezo de dous euros por participación na maioría dos países. Os premios, á parte do bote, son fixados de acordo á participación por país.

Países participantes[editar | editar a fonte]

País Nome Operador nacional
Austria Austria Euro Millionen Österreichische Lotterien
Bélxica Bélxica Euro Millions Loterie nationale
España España Euro Millones Loterías y Apuestas del Estado
Flag of France.svg Francia Euro Millions la Française des jeux
Irlanda Irlanda Euro Millions The National Lottery
Luxemburgo Luxemburgo Euro Millions Loterie nationale
Portugal Portugal Euro Milhões Jogos Santa Casa
Reino Unido Reino Unido Euro Millions The National Lottery
Suíza Suíza Euro Millions Swisslos (Suíza alemá e italiana)
Loterie romande (Suíza romanda)

Formato[editar | editar a fonte]

Para xogar:

  • Elixa 5 números, que poden ser calquera do 1 ao 50.
  • Elixa 2 estrelas da sorte, números do 1 ao 11.

Durante o sorteo, 5 números e 2 estrelas da sorte son extraidos ao azar de dúas máquinas con bombos que conteñen bólas numeradas. A máquina que contén os 50 números chámase Stresa, e a outra, que contén as 11 estrelas, é Paquerette.

Premios[editar | editar a fonte]

  • 1ª Categoría: 5 números e 2 estrelas
  • 2ª Categoría: 5 números e 1 estrela
  • 3ª Categoría: 5 números
  • 4ª Categoría: 4 números e 2 estrelas
  • 5ª Categoría: 4 números e 1 estrela
  • 6ª Categoría: 3 números e 2 estrelas
  • 7ª Categoría: 4 números
  • 8ª Categoría: 2 números e 2 estrelas
  • 9ª Categoría: 3 números e 1 estrela
  • 10ª Categoría: 3 números
  • 11ª Categoría: 1 número e 2 estrelas
  • 12ª Categoría: 2 números e 1 estrela
  • 13ª Categoría: 2 números

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]