Eumenio Rodríguez Rodríguez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de abril de 1872 Lugo, España |
Morte | 4 de agosto de 1949 (77 anos) A Coruña, España |
Educación | Universidade de Zaragoza |
Actividade | |
Ocupación | catedrático, avogado, político |
Membro de | |
Familia | |
Fillos | Antonio Rodríguez Zapata |
Eumenio Rodríguez Rodríguez, nado en Lugo o 2 de abril de 1872[1] e finado na Coruña o 4 de agosto de 1949,[2] foi un profesor, avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tivo unha academia en Lugo. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Zaragoza en 1897.[3] Colaborou en El Regional, dirixiu La Ciudad del Cabe de Monforte de Lemos en 1902 e durante un tempo El Combate da Coruña. Aprobou as oposicións a cátedras de lingua francesa de institutos provinciais de segunda ensinanza en 1907. Foi catedrático de lingua francesa do Instituto de Ourense, do de Huesca (1908)[4] e despois no Instituto da Coruña dende 1913, e secretario do centro coruñés en 1925.[5] Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela en 1915. Colaborou en La Voz de Galicia,[6] e impartiu conferencias no Casino Republicano coruñés. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi declarado excedente forzoso como profesor en agosto,[7] e suspendido de emprego e soldo en novembro.[8] Incoáronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941.[9]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou na Coruña con Josefa Zapata Fernández en 1907,[10] e foi pai de Antonio, María de la Asunción, Aurora e Margarita Rodríguez Zapata.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Escalafón de los catedráticos numerarios de Institutos de Segunda Enseñanza
- ↑ La Voz de Galicia, 5-8-1949, p. 4.
- ↑ El Regional, 21-7-1897, p. 2.
- ↑ El Noroeste, 28-1-1908, p. 1.
- ↑ La Voz de Galicia, 8-10-1915.
- ↑ "Júbilo patriótico", La Voz de Galicia, 18-4-1931, p. 4.
- ↑ El Compostelano, 13-8-1936, p. 2.
- ↑ Diario de Pontevedra, 10-11-1936, p. 1.
- ↑ BOE, 22-10-1941, p. 3852.
- ↑ La Voz de Galicia, 3-5-1907, p. 3.