La Ciudad del Cabe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Ciudad del Cabe
LocalidadeMonforte de Lemos
editar datos en Wikidata ]

La Ciudad del Cabe foi un periódico editado en Monforte de Lemos en 1902.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Periódico Literario, apareceu o 1 de febreiro de 1902. Nun principio publicábase cada catro días, e a partir do número 9 cada cinco. Dirixido por Eumenio Rodríguez Rodríguez. Tiña as seccións “Noticias generales”, “Sección local”, “Anuncios”, “Reflexiones”, “Calendaresco”, “Aberraciones” e “Croniquilla”. Entre os seus colaboradores figuraron A. Lores, José Rodríguez Lence, Victoriano Rodríguez Gómez e José Castedo. Ocasionalmente publicaba o apartado “Curiosidades etimológicas”, onde se analizaban tratamentos ou topónimos. Editou a letra do himno anarquista, tradución de textos da obra Pensées de Blaise Pascal, poemas relixiosos e o soneto “Un retrato” de Camilo Serrano. Cesou a súa edición co número 20, o 30 de abril do mesmo ano.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Baamonde, Miguel Ángel (1994). Medio siglo de periodismo monfortino. Lugo: Deputación Provincial. ISBN 84-8192-024-X. 
  • Teijeira Fanego, Mari Paz; Torre Rioyo, María de la (1997). A prensa en Lugo: dous séculos de historia. Lugo: Deputación Provincial. pp. 213–216. ISBN 84-8192-110-6.