Eugenio Elices Gasset
Eugenio Elices Gasset | |
---|---|
Nacemento | 27 de setembro de 1889 |
Lugar de nacemento | Vigo |
Falecemento | maio de 1961 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista e avogado |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Eugenio Elices Gasset, nado en Vigo[1] o 27 de setembro de 1889[2] e finado en maio de 1961[1], foi un xuíz e xornalista galego[3].
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi xuíz municipal en Madrid. En 1939 abríuselle expediente en base á lei de depuración de funcionariado público[4].
Dirixiu a revista Tribuna Gallega (1914)[5], editada polos emigrantes galegos en Madrid. En 1922 foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega[6].
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Fillo do celanovés Eugenio Elices Rodríguez e mais de Obdulia Gasset Artime -irmá de Eduardo Gasset Artime-, foi irmán de María Luisa Elices Gasset (casada con Ramón de Artaza Malvárez) e do médico Álvaro Elices Gasset.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "Elices Gasset, Eugenio". Patrimonio documental del Ilustre Colegio de Abogados de Madrid.
- ↑ José Miguel de Mayoralgo y Lodo. Movimiento Nobiliario 1931 - 1940. Año 1931 (PDF). p. 153.
- ↑ Couceiro Freijomil, A. (1951). "Elices Gasset, Eugenio". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 389.
- ↑ "Órdenes de 26 de octubre de 1939 disponiendo la formación de expediente a D. Esteban Puras Sierra y a D. Eugenio Elices Gasset" (PDF). Boletín Oficial del Estado (304). 31 de outubro de 1939. p. 6098-6099.
- ↑ "Tribuna Gallega". Repertorio da prensa da emigración galega. Consello da Cultura Galega.
- ↑ "Membros da Academia - Correspondentes". Real Academia Galega.