Eugénio Outeiro
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Eugénio Outeiro | |
---|---|
Nacemento | abril de 1976 |
A Illa de Arousa | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | poeta |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Eugénio Outeiro, nado na Illa de Arousa en abril de 1976, é un escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Filoloxía Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi membro da directiva da AGAL baixo a presidencia de Valentim Rodrigues Fagim. Actualmente traballa como profesor de portugués na Escola Oficial de Idiomas de Lugo.
Publicou poemas en diversas revistas como Ólisbos, Agália ou Sítio. Desde o 2003 mantén o blog Intra!.
Obra[editar | editar a fonte]
Poesía[editar | editar a fonte]
- Às vezes vida, 2002, Ateneo de Pontevedra.
- Mordida, 2012, Através Editora.
Tradución[editar | editar a fonte]
- O que é o Zen? Introdução prática à meditação zen, de Dokushô Villalba, 2015, Através.
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- O Trazo Aberto, 2002, Deputación de Pontevedra.