Eugèni Garcin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Eugèni Garcin
Personnalités des arts et des lettres - Eugène Garcin.jpg
Nacemento31 de decembro de 1831
 Cazenave-Serres-et-Allens
Falecemento1909
 Antony
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónescritor e xornalista
editar datos en Wikidata ]

Eugèni Garcin (en francés: Eugène Garcin), nado en Alens o 31 de decembro de 1831 e finado en Anthony (Illa de Francia), en febreiro de 1909, foi un xornalista e escritor occitano.

Biografía[editar | editar a fonte]

Nado no seo dunha familia modesta, o seu pai era mariscal. Fixo uns estudos que lle deron un bo para traballar do xornalismo e a escritura. Na súa xuventude, escribiu poesías en occitano que foron publicadas por Roumanille en 1851 dentro da obra colectiva Lei Provençalas. Participou no Romavatge dei Trobaires de Aix-en-Provence en 1853. Fíxose amigo de Mistral e escribiu a miúdo dentro do Armanac Provençau. Marchou a París e en 1861 casou coa directora da pensión onde traballaba. Comezou a súa carreira xornalística e converteuse en 1868 nun dos colaboradores do xornal marselles Le Peuple. Eugène Garcin participou moi activamente no movemento félibre e nese mesmoa no 1868, mais coa publicación de Les Français du Nord et du Midi anóxase cos seus amigos félibres, acusándoos de separatismo. Cando se proclamou a República, foi nomeado prefecto de Mureth. Pouco despois, deixou este traballo para facer de xornalista en Tolosa. Colaborou nos xornais L'ÉmancipationL'Avenir du Gers, nos que expandiu as súas ideas revolucionarias.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]