Eucalipto de flor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Eucalyptus ficifolia")
Eucalipto de flor
Flores vermellas do eucalipto de flor. Óllese a praga da avespa europea a se alimentar.
Flores vermellas do eucalipto de flor.
Óllese a praga da avespa europea a se alimentar.
Estado de conservación
Non ameazado
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Rosidae
Orde: Myrtales
Familia: Myrtaceae
Subfamilia: Myrtoideae
Tribo: Eucalypteae
Xénero: Corymbia
Especie: C. ficifolia
Nome binomial
'Corymbia ficifolia'
(F.Muell.) K.D.Hill & L.A.S.Johnson, 1995

O eucalipto de flor [1] (Corymbia ficifolia, previamente Eucalyptus ficifolia) é unha  árbore da familia Myrtaceae (a mesma familia na que se inclúen os eucaliptos verdadeiros). Emprégase coma ornamental en Galicia.

Vista da planta
Botóns florais.

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

É nativo dunha área pequeniña das costas do sur de Australia Occidental (dunhas ducias de quilómetros) ao leste da localidade de Walpole (430 km ao sueste de Perth), porén non é considerada vulnerábel en estado salvaxe.

En Australia denomínana de "Red Flowering Gum" (eucalipto de flor vermella

Hai varias especies de árbores semllantes co mesmo nome común. O propio nome é algo erróneo xa que aínda que todos os eucaliptos florean ou teñen flores son vermellas, Corymbia ficifolia non é un "eucalipto".

Na natureza prefire solos infértiles e areentos, mais adáptase de xeito doado a unha gran diversidade de condicións tépedas. Non atura as xeadas severas ou o exceso de humidade tropical.

Úsase coma ornamental coma árbore de beirarrúa: algo resistente ao frío, de moderado crecemento, non soe requirir poda.

Non se reproduce por esgallos, pero faino ben de semente, tarda ao redor de 7 anos antes de que floreza por vez primeira e 15-20 anos para acadar o seu tamaño final que é de entre 2–8 m como máximo.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Corymbia ficifolia foi descrita por (F.Muell.) K.D.Hill & L.A.S.Johnson e publicado en Telopea 6: 245. 1995.[2]

Sinonimia
  • Eucalyptus ficifolia F.Muell.
  • Eucalyptus ficifolia var. alba Guilf.
  • Eucalyptus ficifolia var. bakeri Guilf.
  • Eucalyptus ficifolia var. carmina Blakely
  • Eucalyptus ficifolia var. rosea Guilf.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome común galego en Termos esenciais de botánica, Santiago de Compostela, Universidade, 2004
  2. "Corymbia ficifolia". 
  3. Corymbia ficifolia en PlantList

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  1. Hill, K.D. & Johnson, L.A.S., (1995) Systematic studies in the eucalypts. 7. A revision of the bloodwoods, genus Corymbia (Myrtaceae). Telopea 6(2-3).: 245 [comb. nov.]
  2. Wheeler, J.R., Marchant, N.G. & Lewington, M.(2002) Flora of the South West 2.: 698
  3. Taplin, R.L. & Symon, D.E., (2008) Remnant horticultural plants at the site of the former Newman's Nursery, 1854-1932. Journal of the Adelaide Botanic Gardens 22.: 84