Saltar ao contido

Eu mato xigantes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eu mato xigantes
Autor/aJoe Kelly
Ilustrador/aKen Niimura
OrixeEstados Unidos de América
Lingualingua inglesa
editar datos en Wikidata ]

Eu mato xigantes (inglés: I Kill Giants) é unha obra de banda deseñada estadounidense publicada en 2008. Foi creada polo escritor Joe Kelly e o debuxante Ken Niimura. Conta a historia de Barbara Thorson, unha rapaza que tenta escapar dos seus problemas fuxindo a un mundo de fantasía cheo de maxia e monstros.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Barbara Thorson é unha rapaza divertida, mais que non logra adaptarse e facer amigos. Encántalle xogar ao Dungeons & Dragons. Obsesionada coa fantasía, só fala sobre os xigantes, aos que considera reais. Unha vez decidida a detelos, a fantasía comeza a integrarse na súa vida real.[1]

Premios[editar | editar a fonte]

Adaptacións[editar | editar a fonte]

Artigo principal: I Kill Giants (filme).

A obra foi adaptada ao cinema en 2017 polo director Anders Walter, con guión do propio Joe Kelly.[4] A película conta coas actuacións de Madison Wolfe, Imogen Poots, Zoe Saldaña e Noel Clarke.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "JOE KELLY TALKS ABOUT I KILL GIANTS - NEWSARAMA". web.archive.org. 2008-12-05. Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2008. Consultado o 2024-07-01. 
  2. "IGN Comics: Best Indy Book 2008". web.archive.org. 2009-01-06. Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2009. Consultado o 2024-07-01. 
  3. "International MANGA Award". web.archive.org. 2014-01-16. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2014. Consultado o 2024-07-01. 
  4. Barton, Steve (2015-03-23). "I Kill Giants on the Big Screen". Dread Central (en inglés). Consultado o 2024-07-01. 
  5. Davis, Scott J. (2015-09-13). "Zoe Saldana to star in graphic novel adaptation I Kill Giants". Flickering Myth (en inglés). Consultado o 2024-07-01.