Saltar ao contido

Estrófades

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaEstrófades

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 37°14′51″N 21°00′34″L / 37.2475, 21.009444
EstadoGrecia
División administrativaadministración descentralizada do Peloponeso, Grecia Occidental e as Illas Xónicas
Periferiasrexión das Illas Xónicas Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie136,01 ha Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Xónico Editar o valor en Wikidata

As Estrófades (en grego Στροφάδια; en latín Strophades; tamén illas Stamfani; Strivali) son un grupo de dúas pequenas illas de Grecia nas illas Xónicas. Están situadas a uns 44 km ao sur-sueste da illa de Zante. Administrativamente forman parte do municipio de Zante.

A illa máis grande, Stamfani, está habitada por unha soa persoa, un monxe que vive na única edificación da illa, un impresionante monasterio antigo. A illa máis pequena chámase Arpía. Ningunha das dúas illas, moi rochosas, ten moita vexetación. As illas son propiedade da Igrexa Ortodoxa Grega, que prohibiu a caza.[1] Hai unha gran presenza de aves, entre as que se pode atopar a Pardela cincenta (Calonectris diomedea) e paseriformes migratorias. Tamén hai unha gran migración primaveral de rulas (Streptopelia turtur).

As Estrófades na cultura

[editar | editar a fonte]

As illas Estrófades identificábanse co lugar onde habitaban as harpías. Virxilio afirma que as harpías conduciron os troianos desde as Estrófades (Eneida III, 209 ss). As illas tamén se mencionan na Divina Comedia e aparecen no capítulo 10 do Quinto libro de Gargantua e Pantagruel de Rabelais.

"As costas das Estrófades acóllenme as primeiras salvado das augas [fala Eneas]. Álzanse as Estrófades co seu nome grego, illas do gran Xonio, que a sinistra Celeno e as outras Harpías habitan logo que a casa de Fineo se lles pechou e por medo deixaron as mesas de antes".
(Virxilio: Eneida III, 209-213)

De acordo coa lenda, o nome das illas, que quere dicir "illas do retorno", fai referencia a Zetes e Calais, fillos de Bóreas, que viaxaron cos Argonautas. Zetes e Calais libraron a Fineo das harpías: lograron facer fuxir aos monstros pero non os mataron a petición da deusa do arco da vella, Iris, que lles prometeu que as harpías non volverían molestar a Fineo. As harpías foron «devoltas» ás Estrófades por Iris cando querían volver perseguir as criaturas.[2]

"A outra [harpía], chamada Ocípote ou Ocítoe, fuxindo... chegou ás illas Equínades, que agora, por ela, se denominan Estrófades, pois cando alí se deu volta, achándose sobre a súa costa, caeu agotada xunto ó seu perseguidor. Non obstante, Apolonio, nas 'Argonáuticas', di que foron perseguidas ata as illas Estrófades e que non sufriron mal ningún, por ter prestado xuramento de que non molestarían no sucesivo a Fineo".
(Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica I, 9, 21)
  1. [1]
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2014. Consultado o 28 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]