Estación de Antequera-Santa Ana
Antequera-Santa Ana | |
---|---|
Vista lateral da estación | |
Situación | Antequera (Málaga) |
Servizos | |
Liñas | |
Alta velocidade | AVE |
Longa Distancia | Altaria, Arco |
Intermodalidade | |
Bus | Autobús urbano e interurbano |
Antequera-Santa Ana é unha estación de alta velocidade de Adif, situada a 17 km ao oeste do centro urbano de Antequera. Nela chegan e parten trens con destino a Alxeciras, Córdoba, Granada, Madrid e Málaga.
Esta estación forma parte da liña de alta velocidade Córdoba-Málaga. Situada no centro de Andalucía, é a estación homóloga de Bobadilla para alta velocidade, e está chamada a ser o principal enlace ferroviario da rexión no futuro.
Características
[editar | editar a fonte]A liña de alta velocidade Córdoba-Málaga está deseñada para soportar velocidades de tráfico de ata 350 km/h; con todo, os trens comerciais teñen un límite de velocidade de 300 km/h.
Os 54,5 quilómetros desde Antequera-Santa Ana ata Málaga son cubertos polos trens AVE en 28 minutos, fronte aos 62 que necesitan os trens rexionais para realizar o traxecto equivalente entre a estación de Bobadilla e a capital provincial.
Un percorrido sen paradas intermedias entre Madrid e Antequera-Santa Ana require 2 horas e 11 minutos, o que representa unha velocidade media de 208 km/h.
Cambiador de ancho de vía
[editar | editar a fonte]A estación dispón dun cambiador de ancho de vía, mediante o cal os trens poden adaptar os seus eixos do ancho internacional ao ancho ibérico ou viceversa. Deste xeito, os trens que teñan como destino as estacións de Alxeciras ou Granada poden realizar o percorrido entre Córdoba e Antequera-Santa Ana polas vías de alta velocidade, o que permite acurtar o tempo da viaxe.
Servizos ferroviarios
[editar | editar a fonte]O servizo AVE Madrid-Málaga realízase en 15 ocasións ao día en ambos os sentidos, parando en Antequera-Santa Ana en cinco destas. O AVE Barcelona-Málaga circula unha vez ao día, parando nesta estación durante o día, e un tren Talgo comezará a prestar un servizo nocturno no mesmo traxecto desde o día 26 de xaneiro de 2009.
Nome do tren | Orixe/Destino | Paradas intermedias | Características |
---|---|---|---|
AVE | Madrid-Puerta de Atocha | Puente Genil-Herrera · Córdoba-Central · Puertollano · Ciudad Real-Central | 4 trens diarios por sentido |
Málaga-María Zambrano | - | ||
AVE | Barcelona-Sants | Puente Genil-Herrera · Córdoba-Central · Zaragoza-Delicias · Lleida-Pirineus · Camp de Tarragona | 1 tren diario por sentido |
Málaga-María Zambrano | - | ||
Trenhotel | Barcelona-Sants | Puente Genil-Herrera · Córdoba-Central · Zaragoza-Delicias · Camp de Tarragona | 1 tren diario por sentido |
Málaga-María Zambrano | - | ||
Altaria | Madrid-Puerta de Atocha | Ciudad Real-Central · Puertollano · Córdoba-Central | 1 tren diario por sentido |
Granada | Antequera | ||
Alxeciras | Ronda |
O servizo Avant realízase en 5 ocasións ao día en ambos os sentidos, parando sempre en Antequera-Santa Ana.
Nome do tren | Orixe/Destino | Paradas intermedias | Características |
---|---|---|---|
Avant | Sevilla-Santa Justa | Puente Genil-Herrera · Córdoba-Central | 5 trens diarios por sentido |
Málaga-María Zambrano | - |