Estación de traballo de son dixital

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Produción de música mediante unha estación de traballo de son dixital con configuración de varios monitores

Unha estación de traballo de son dixital (en inglés: digital audio workstation, DAW) é un dispositivo electrónico ou software de aplicación utilizado para gravar, editar son e producir ficheiros de son. Os DAW veñen nunha gran variedade de configuracións desde un único programa informático nun portátil, ata unha unidade autónoma integrada, ou cunha configuración moi complexa de numerosos compoñentes controlados por un ordenador central. Independentemente da configuración, os DAW modernos teñen unha interface central que permite ao usuario alterar e mesturar varias gravacións e pistas ata chegar a peza final producida.[1]

Os DAW utilízanse para producir e gravar música, cancións, voz, radio, televisión, bandas sonoras, podcasts, efectos de son e case calquera outra situación onde se necesite gravacións complexas de son.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kefauver, Alan; Patschke, David (2007). Fundamentals of Digital Audio, New Edition. A-R Editions. p. 133. ISBN 9780895796110.