Dispositivo electrónico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un micrófono AKG C451B.

Os dispositivos ou aparatos electrónicos consisten nunha combinación de diversos elementos ou compoñentes organizados en circuítos, destinados a controlar e aproveitar os sinais eléctricos, a diferenza dun dispositivo eléctrico, o cal serve para controlar e aproveitar o fluxo da corrente eléctrica.

Comparemos o funcionamiento dun dispositivo eléctrico e dun dispositivo electrónico para notar mellor o concepto anterior: Unha lámpada eléctrica aproveita o fluxo eléctrico para producir enerxía luminosa, mentres que un aparato amplificador de son gobernará, mediante os seus circuítos electrónicos, os sinais provenientes dun micrófono, e os sinais excitadores dos altofalantes.

Un ordenador, está composto de diferentes dispositivos e circuítos electrónicos que cumplen variadas funcións, esencialmente gobernando sinais eléctricos, como por exemplo os producidos na unidade láser do lector de CD-ROMs.



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.