Esqueno (unidade de lonxitude)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Para a antiga cidade de Beocia, ver Esqueno.

Un esqueno (do grego antigo σχοῖνος ‘xunco, corda de xuncos’) era unha medida de lonxitude usada no antigo Exipto e na antiga Grecia. Valía por dúas parasangas, uns 10,8 km.

Heródoto di que un esqueno equivalía a 60 estadios (Historias, II 6). Pero Estrabón precisa que o esqueno variaba dependendo do lugar e do período histórico, e que nalgúns lugares podía valer tamén 40 estadios. Di este autor que, segundo Artemidoro, entre Menfis e Tebas un esqueno equivalía a 120 estadios, entre Tebas e Siena a 60 estadios, e navegando de Pelusio ao vértice do Delta do Nilo a distancia era de 25 esquenos, ou sexa de 750 estadios (Xeografía, 2, 24).