Esporiz, Monterroso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°47′44″N 7°50′44″O / 42.7954884, -7.8455739

Esporiz
EsporizIgrexa.jpg
Igrexa de San Miguel de Esporiz.
ConcelloMonterroso
Área4,53 km²
Poboación2.092 hab. (2017)
Densidade461,81 hab./km²
Entidades de poboación8

San Miguel de Esporiz é unha parroquia do concello de Monterroso na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 2059 habitantes (1001 homes e 1058 mulleres), dous menos ca en 2006.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa de San Miguel é de estilo románico do século XII. Foi a igrexa parroquial da vila de Monterroso ata que se construíu a nova na propia vila no século XX. Ten unha porta con arco de medio punto con dobre arquivolta. Nunha das reformas que se fixeron un dos canzorro foi levado a un dos muros laterais da igrexa. As basas das columnas da porta principal estiveron baixo terra até que hai uns anos foron destapadas. No interior hai pinturas murais moi importantes por debaixo do caleado.[1]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Esporiz[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Esporiz no concello de Monterroso (Lugo)

O Campo | A Cariza | A Carreira | As Castedas | Esporiz | Monterroso | Os Olmos | Podente

Parroquias de Monterroso[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Monterroso

Arada (Santa María) | Bidouredo (Santiago) | O Bispo (Santa María) | Cumbraos (San Martiño) | Esporiz (San Miguel) | Fente (San Martiño) | Os Ferreiros (San Cibrao) | Frameán (San Pedro) | Fufín (San Martiño) | Lavandelo (Santiago) | Leborei (Santa María) | Ligonde (Santiago) | Lodoso (San Xoán) | Marzán (Santa María) | Milleirós (San Pedro) | Novelúa (San Cristovo) | Pedraza (Santa María) | Penas (San Miguel) | Pol (San Cibrao) | Salgueiros (Santa María) | San Breixo (San Salvador) | Satrexas (Santa Eufemia) | Sirgal (Santo André) | Sucastro (Santa Mariña) | Tarrío (Santa María) | Valboa (San Salvador) | Vilanova (San Pedro) | Viloíde (San Cristovo)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Igrexa de Esporiz na páxina web colaborativa PatrimonioGalego.net.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]