Pedraza, Monterroso
| Pedraza | |
|---|---|
Igrexa de Santa María de Pedraza. | |
| Concello | Monterroso[1] |
| Provincia | Lugo |
| Coordenadas | 42°49′25″N 7°51′50″O / 42.8236, -7.864 |
| Área | 3,60 km² |
| Poboación | 114 hab. (2020) |
| Densidade | 31,67 hab./km² |
| Entidades de poboación | 6[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santa María de Pedraza é unha parroquia do concello de Monterroso na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 154 habitantes, deles 77 eran homes e 77 eran mulleres, o que supón unha diminución de 7 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa de Santa María de Pedraza foi construída orixinalmente en estilo románico, conservando aínda algúns canzorros, pero foi modificada durante o século XIX. Destacan os seus dous retablos de estilo neoclásico.[2]
Na parroquia atópase a capela de San Lourenzo, o templo máis antigo do concello de Monterroso. Foi construída no ano 1127 e aínda conserva trazos prerrománicos, como a súa porta principal. Nos séculos XVIII e XIX sufriu importantes reformas. Conserva varios canzorros da obra románica con figuras zoomórficas e antropomórficas.[3]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Capela de San Lourenzo de Pedraza.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Pedraza
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Pedraza no concello de Monterroso (Lugo) | |
|---|---|
|
Gontá de Arriba | Gundín | Pedraza | San Cristovo | San Lourenzo | Vilarfonxe |
Parroquias de Monterroso
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
- ↑ "Mapa Turístico | Concello de Monterroso". www.monterroso.es. Consultado o 2019-02-20.
- ↑ Turismo, Turgalicia/Axencia Galega de (2017-09-21). "Igrexa capela de San Lourenzo de Pedraza". Turgalicia. Consultado o 2019-02-20.