Cumbraos, Monterroso
| Cumbraos | |
|---|---|
Igrexa de Cumbraos | |
| Concello | Monterroso[1] |
| Provincia | Lugo |
| Coordenadas | 42°49′02″N 7°49′52″O / 42.8172, -7.8311 |
| Área | 3,06 km² |
| Poboación | 40 hab. (2020) |
| Densidade | 13,07 hab./km² |
| Entidades de poboación | 3[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Martiño de Cumbraos é unha parroquia do concello de Monterroso na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 41 habitantes, deles 22 eran homes e 19 eran mulleres, o que supón un aumento de 8 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo Cumbraos ten orixe no asentamento de poboación nos séculos IX e X de grupos de xente chegados desde Coímbra.[2]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa de San Martiño de Cumbraos foi construída orixinalmente en estilo románico. Destacan o seu arco triunfal, a portada de medio punto e varios canzorros con decoracións variadas.[3]
A igrexa forma un conxunto arquitectónico coa casa-torre de Cumbraos construída entre os séculos XV e XVI por mandato de Álvaro Gaioso e Osorio. É unha torre de planta rectangular con dous corpos e soto e cuberta a catro augas.[4]
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Cumbraos
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Cumbraos no concello de Monterroso (Lugo) | |
|---|---|
Parroquias de Monterroso
[editar | editar a fonte]Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Detalle canzorros
- Fiestra
- Detalle pórtico
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
- ↑ VILLARES, R. (2004): Historia de Galicia. Vigo, Edicións Xerais de Galicia, páx. 86.
- ↑ "Mapa Turístico | Concello de Monterroso". www.monterroso.es. Consultado o 2019-02-20.
- ↑ "Casa torre de Cumbraos". Patrimonio Galego. Consultado o 2019-02-20.