Respecto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sinal sobre o respecto en São João dá Barra: Respeite se quer ser respeitado (en galego: «Respecte se quere ser respectado»).

O respecto[1] (do latín respectus, «atención» ou «consideración») é a consideración e valoración especial que se lle ten a alguén ou a algo, ao que se lle recoñece valor social ou especial diferenza. Moitas formas de respecto baséanse na relación de reciprocidade (respecto mutuo, recoñecemento mutuo etc.). Con todo, no que se refire ao respecto das persoas cara a obxectos, costumes e institucións sociais, fundaméntase noutras consideracións diferentes da reciprocidade.

Tradicionalmente considérase que as mostras de respecto están relacionadas con cuestións morais e éticas, aínda que nalgúns casos teñen que ver con cuestións legais e culturais. O termo respecto aparece en diversas disciplinas como a filosofía política e outras ciencias sociais como a antropoloxía, a socioloxía e a psicoloxía.[2]

O respecto nas relacións interpersoais comeza no individuo, no recoñecemento do mesmo como entidade única,[3] que necesita e quere comprender ao outro.[4] Consiste en saber valorar os intereses e necesidades doutro individuo, por exemplo nunha reunión.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para respecto.
  2. "«Respeto.". Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2015. Consultado o 10 de abril de 2017. 
  3. "Valores para vivir". Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2009. Consultado o 10 de abril de 2017. 
  4. "«El respeto.". Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2017. Consultado o 10 de abril de 2017. 
  5. "Qué es el respeto". Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2017. Consultado o 10 de abril de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]