Resident Evil 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Resident Evil 2
Desenvolvedor(es)Capcom, Factor 5, Rockstar San Diego e Tiger Electronics
Distribuidora(s)Capcom
Lanzamento21 de xaneiro de 1998
Xénerosurvival horror e zombie video game
Modos de xogovideoxogo para un xogador
Clasificación PEGI
CERO
USK
Plataforma(s)Nintendo 64, Microsoft Windows, PlayStation, GameCube e Dreamcast
Na rede
http://www.capcom.co.jp/bio_series/biohazard2.html
IMDB: tt0161941 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Resident Evil 2 é un videoxogo pertencente á serie Resident Evil, producida por Capcom. Orixinalmente foi lanzado en 1998 para PlayStation. Uns meses despois do lanzamento, púxose á venda unha segunda versión, compatible coa vibración do mando Dual Shock. Un ano despois lanzouse en PC e game.com. No ano 2000 saíron as versións de Nintendo 64 e Dreamcast. Posteriormente, en 2003 foi lanzado para GameCube, en 2008 na PlayStation Store nipoa e cara a finais de 2009 será publicado para Wii, baixo o título Resident Evil: The Darkside Chronicles. Non obstante, esta última versión ten un renovado aspecto técnico, un estilo de xogo distinto e narra máis feitos co xogo orixinal.

Historia[editar | editar a fonte]

A historia comeza en xullo de 1998, cando Leon S. Kennedy e Claire Redfield chegan a Raccoon City, sen saber que a cidade está infestada de zombies e outras armas biolóxicas. Leon é un policía asignado a esta cidade. Claire busca ó seu irmán, Chris (que estivera implicado nos sucesos que narra o primeiro Resident Evil). Nada máis chegar, sepáranse por mor dun accidente dun trailer. Xa nas rúas, son atacados por zombies e refúxianse na comisaría de policía. Descobren que Chris marchou da cidade e deciden fuxir eles tamén. Mentres buscan unha ruta de saída achan un laboratorio de Umbrella e a verdade sobre a orixe do incidente. Coñecen ademais a Annette Birkin, doutora de Umbrella, implicada nas investigacións co virus T e G. Tras eliminar decenas de inimigos, foxen nun helicóptero.

Mecánica de xogo[editar | editar a fonte]

Trátase dun xogo en terceira persoa, con cámaras fixas e ambiente angustiante. Antes de comezar a partida escollemos personaxe: Claire ou Leon. Se rematamos unha partida con cada un no rango A, poderemos xogar unha misión especial con Hunk, un mercenario que traballa para Umbrella.

Versión da game.com[editar | editar a fonte]

Todas as versións de Resident Evil 2 tiñan un bo nivel agás esta, debido ás especificacións técnicas desta consola. Ademais do apartado técnico pobre, a duración era moito máis curta cas outras versións.

Crítica[editar | editar a fonte]

No seu momento recibiu boas notas por parte da prensa especializada, acadando un 89 en Metacritic para PlayStation [1]e Nintendo 64.[2] A versión de Dreamcast acadou un 77,[3] mentres que a de GameCube só obtivo un 59 .[4]

Vendas[editar | editar a fonte]

A versión de PlayStation vendeu 5.82 millóns de copias en todo o mundo[5].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Resident Evil 2". Metacritic (en inglés). Consultado o 2022-02-24. 
  2. "Resident Evil 2". Metacritic (en inglés). Consultado o 2022-02-24. 
  3. "Resident Evil 2". Metacritic (en inglés). Consultado o 2022-02-24. 
  4. "Resident Evil 2". Metacritic (en inglés). Consultado o 2022-02-24. 
  5. http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=4159&region=All