Resident Evil (videoxogo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Resident Evil (videoxogo)
Desenvolvedor(es)Capcom
Distribuidora(s)Capcom
Compositor(es)Takashi Niigaki
Lanzamento22 de marzo de 1996 e 25 de setembro de 1997
Xénerosurvival horror
Modos de xogovideoxogo para un xogador
Clasificación PEGI 18 e PEGI 18
CERO
USK
Plataforma(s)Nintendo DS, PlayStation, Microsoft Windows e Saturn
Na rede
IMDB: tt0190703 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Resident Evil é o primeiro capítulo dunha serie de videoxogos do mesmo nome, pertencente ao xénero dos survival horror. Foi lanzado en 1996 para PlayStation, Sega Saturn e PC. Posteriormente sería lanzado para Nintendo Game Cube no ano 2002, con importantes cambios a nivel técnico e de xogabilidade. Tamén foi posta a venda unha versión para a Nintendo DS (Resident Evil: Deadly Silence). En 2009 a versión de Game Cube foi relanzada para Wii, mentres que a versión orixinal púxose á venda en PlayStation Network en formato descargable.

Historia[editar | editar a fonte]

O xogo orixinal transcorre a noite do 24 de xullo de 1998 nas aforas de Raccoon City, unha cidade estadounidense. Ao longo do verán apareceran unha serie de cadáveres cheos de dentadas. Ante a alarma social xerada, o corpo de policía desta cidade envía ás forzas especiais, primeiro ao equipo Bravo e tras a desaparición deste, ao equipo Alfa. O equipo alfa atopa restos de cadáveres e inmediatamente son atacados por cans, que matan a varios membros do pelotón. Os superviventes refúxianse nunha mansión aparentemente abandonada.

No inicio do xogo dáse a escoller a personaxe coa que xogar, Jill Valentine ou Chris Redfield. En función da que seleccionemos, a historia variará. Se escollemos a Jill, reunirémonos na entrada da mansión con Albert Wesker e Barry Burton. Polo contrario, ao seleccionar a Chris, reunirémonos con Wesker e Jill.

Sexa como sexa, na mansión áchanse unha serie de criaturas caníbales, que pretenden alimentarse dos membros dos STARS. Neste mesmo edificio tamén están Rebbecca Chambers e Kenneth Sullivan (integrantes do equipo Bravo desaparecido). Ao longo do xogo podemos salvar a Rebbecca ou non, alterando a secuencia final. Kenneth morre devorado polos zombies.

A medida que avanzamos, descubrimos que a mansión é un laboratorio da compañía farmacéutica Umbrella, que traballaba na creación de armas biolóxicas (BOW). O virus co que se estaba a investigar, o virus T, foi liberado e creou estas bestas. Tras eliminar decenas destas criaturas, Jill e Chris chegan a un heliporto dende o cal escaparán en helicóptero. En función das decisións que tomemos, o final será distinto: pode ocorrer ou non a autodestrución da mansión, ou a morte dalgunha personaxe secundaria...

Características do xogo[editar | editar a fonte]

O obxectivo fundamental do xogo é sobrevivir. Ademais de eliminar B.O.Ws (inclúense zombies, serpes anómalas, morcegos, cans.... todos infectados polo virus T), deben resolver varios puzzles para seguir avanzando. A atmosfera é inquietante, con ruídos estraños, corredores estreitos e trampas. A cámara fixa e os efectos de luz tamén están orientados co mesmo fin.

Para eliminar estas armas biolóxicas empregarán armas convencionais, coma pistolas, escopetas, coitelos... O nivel de vida é distinto ao doutros xogos. En vez de barra de vida, aparece un electrocardiograma, que varía de cor e forma segundo a saúde do xogador. Para curarse empréganse herbas (verde, vermella e azul) e as súas combinacións.

Outras versiós para a PlayStation[editar | editar a fonte]

Ademais da versión orixinal foron lanzadas ao mercado unha versión do director e unha versión do director compatible co mando DualShock.

Diferenzas da primeira versión e a de GameCube[editar | editar a fonte]

Unha das diferenzas máis evidentes dáse no apartado técnico. Melloráronse todos os modelados, incorporouse expresividade facial, unha nova dobraxe e novos escenarios. Tamén foi mellorado o son. Como extras engadíronse novas traxes e novas armas. A nivel argumental, houbo certas variacións. Ademais, empregáronse dous GOD (GameCube Optical Disc). A versión orixinal fora distribuída nun só CD.

Recepción e crítica[editar | editar a fonte]

Cando saíu ao mercado en 1996 converteuse nun dos grandes survival horror. A súa nota en metacritic para a versión de PlayStation foi dun 91 [1], a mesma que a versión de Game Cube [2]

As vendas foron as seguintes:

  • A versión de PlayStation: 5,05 millóns de copias en todo o mundo [3]
  • A versión de Sega Saturn: vendeu aproximadamente 170.000 copias no Xapón [4]
  • A versión de PlayStation Director's Cut: vendeu en torno a 470.000 copias no Xapón [5]
  • A versión de PlayStation Director's Cut DualShock vendeu 160.000 copias no Xapón [6]
  • A versión de GameCube: foron aproximadamente da orde de 1,74 millóns en todo o mundo [7]

Notas[editar | editar a fonte]