Resident Evil: The Darkside Chronicles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Resident Evil: The Darkside Chronicles
Desenvolvedor(es)Capcom
Lanzamento17 de novembro de 2009
Xéneroshoot 'em up
Modos de xogovideoxogo multixogador e videoxogo para un xogador
Clasificación PEGI
CERO
USK
Plataforma(s)Wii e PlayStation 3
Na rede
http://www.residentevil.com/darkside
editar datos en Wikidata ]

Resident Evil: The Darkside Chronicles é un videoxogo de pistola sobre raís pertencente á serie Resident Evil, programado por Cavia e distribuído por Capcom para Nintendo Wii. Foi lanzado en novembro de 2009. A versión europea tivo dúas modalidades: unha, só o xogo, e outra que incluíu o accesorio Wii Zapper. No ano 2012 foi lanzado en formato dixital para Playstation 3 a través do servizo de Playstation Network.

Argumento[editar | editar a fonte]

The Darkside Chronicles narra feitos xa acontecidos en entregas anteriores: Resident Evil 2 e Resident Evil Code: Veronica. No primeiro caso, un gromo dun virus ficticio denominado virus T infectou unha cidade estadounidenses, Raccoon City, causando a morte da maioría da poboación. Non obstante, o virus reactiva tecidos cerebrais convertendo ao cadáver nun zombi, impulsado pola fame. Os escasos superviventes tratan de fuxir a través das ruínas. O virus ademais, infecta animais e plantas, que rapidamente mutan e se transforman en diversos monstros. Os protagonistas desta parte son Leon S Kennedy, axente de policía da cidade recentemente incorporado ao servizo e Claire Redfield, irmá dun axente especial do corpo de elite da policía de Raccoon City, denominado S.T.A.R.S. A segunda parte do xogo está baseada nos feitos acaecidos en Resident Evil Code: Veronica. Claire Redfield é atrapada pola corporación responsable do gromo vírico, Umbrella. A empresa encérraa nunha illa da súa propiedade. Pouco despois de chegar, a illa é atacada por un ex-empregado de Umbrella, Albert Wesker. Claire consegue escapar coa axuda doutro prisioneiro, chamado Steve Burnside.

Outros capítulos do xogo narran feitos novos no universo Resident Evil. Un sitúase no ano 2002 en Suramérica, onde Leon S Kennedy e Jack Krauser traballan xuntos na busca dunha rapaza secuestrada por un capo da droga chamado Javier Hidalgo. O outro capítulo narra a conversión de Krauser. Inicialmente, compañeiro de Leon, decide aproveitar o poder do virus T e doutras variantes do mesmo para o seu beneficio persoal.

Multixogador[editar | editar a fonte]

The Darkside Chronicles inclúe multixogador cooperativo para dúas persoas, que comparten o campo de visión e cada un posúe un punteiro para disparar. Carece de multixogador en liña.

Recepción e crítica[editar | editar a fonte]

A prensa especializada concedeulle boas notas. GameSpot deulle un 60[1], Eurogamer un 80[2], IGN, un 81[3] e Meristation un 85. Acadou unha cualificación de 75 en Metacritic[4].

Vendas[editar | editar a fonte]

As vendas ascenderon a aproximadamente medio millón de copias en todo o mundo[5].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2009. Consultado o 05 de abril de 2010. 
  2. http://www.eurogamer.net/articles/resident-evil-the-darkside-chronicles-review
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2010. Consultado o 05 de abril de 2010. 
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2010. Consultado o 05 de abril de 2010. 
  5. http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=32591