Pobos bantús

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha pulseira bantú na colección permanente do Museo dos Nenos de Indianápolis.

Os bantús[1] son un conxunto de preto de 400 grupos étnicos diferentes de África, esténdense dende o Camerún ata Suráfrica, e pertencen á mesma familia lingüística, a familia bantú, e partillan en moitos casos costumes comúns.

O termo definiuno pola primeira vez Wilhelm Bleek no libro A Comparative Grammar of South African Languages (1862). Os negros de Suráfrica foron ás veces chamados oficialmente "bantús" polo réxime do Apartheid, aínda que na actualidade xa non se emprega en ningún caso, xa que resulta ofensivo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bantú.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.