Música noise

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Música noise
Orixe musicalModernismo (música), música clásica do século XX, electronic art music, música concreta, música electroacústica, performance, libre improvisación
Orixe culturalprincipios da década do 1910 en Europa
Instrumentos típicosvaría amplamente

Música noise é un termo usado para describir distintas variedades da música de vangarda que adoitan a usar elementos coma cacofonía, disonancia, atonalidade, ruído, indeterminación e repetición na súa realización. A música noise pode contar con distorsión, varios tipos de ruídos xerados acustica ou electronicamente, sinais electrónicas producidas ao chou e instrumentos non tradicionais. A música noise tamén incorpora gravacións manipuladas, estática, asubíos e zunidos, retroalimentación, sons de máquinas, software con sons personalizados, instrumentos con circuitería creada a propósito, e elementos vocais non musicais que impulsan o ruído ata o éxtase.

O Futurismo foi un movemento artístico importante para o desenvolvemento da estética noise, ao igual que o Dadaísmo, e posteriormente o Surrealismo e o Fluxus, sobre todo os artistas Fluxus Joe Jones, Yasunao Tone, George Brecht, Robert Watts, Wolf Vostell, Yoko Ono, Walter De Maria, Milan Knížák, LaMonte Young e Takehisa Kosugi.

A música noise contemporánea adoita asociarse ao volume extremos e á distorsión, particularmente no dominio da música popular, con exemplos como o uso do feedback por Jimi Hendrix, Nine Inch Nails, Sonic Youth e o álbum de Lou Reed Metal Machine Music.

Outros exemplos de música con características noise son os traballos de Iannis Xenakis, Karlheinz Stockhausen, Helmut Lachenmann, Cornelius Cardew, Theatre of Eternal Music, Rhys Chatham, Ryoji Ikeda, Survival Research Laboratories, Whitehouse, Cabaret Voltaire, Psychic TV, Blackhouse, as gravación das esculturas sonoras de Jean Tinguely, a música do Orgien Mysterien Theater de Hermann Nitsch, os traballos de finais dos 60 de La Monte Young. Xéneros como a música industrial, o techno industrial e a glitch music empregan elementos baseados no noise.