Miguel Catalán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMiguel Catalán

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Miguel Antonio Catalán y Sañudo Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Miguel Antonio Santiago Dionisio Catalán y Sañudo Editar o valor em Wikidata
9 de outubro de 1894 Editar o valor em Wikidata
Zaragoza, España Editar o valor em Wikidata
Morte11 de novembro de 1957 (63 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Catedrático de universidade
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Zaragoza
Universidade Central Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfísico , químico , espectroscopista , profesor universitario , catedrático de bacharelato Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Complutense de Madrid
Imperial College London
Consello Superior de Investigacións Científicas Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresAlfred Fowler (pt) Traducir, Ángel del Campo y Cerdán (en) Traducir e Arnold Sommerfeld Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJimena Menéndez-Pidal
FillosDiego Catalán Editar o valor em Wikidata
ParentesMaría Goyri (sogra)
Ramón Menéndez Pidal (sogro) Editar o valor em Wikidata

Miguel Antonio Catalán y Sañudo, nado en Zaragoza en 1894 e finado en Madrid en 1957, foi un espectroscopista español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Zaragoza, despois de ter altas cualificacións no bacharel obtivo o seu título de Química na Universidade de Zaragoza (Premio extraordinario con 19 anos) e doutorouse en Madrid en 1917.

En 1920 comezou a traballar como investigador no Imperial College de Londres, tras renuncia á cátedra de instituto ('Cátedra de Institutos Generales y Técnicos') que conseguira. Examinando o espectro do arco de manganeso, determinou que o espectro óptico de átomos complexos consistía en grupos de liñas, que chamou "multipletes", entre as que existían regularidades características. Catalán demostrou que o estudo dos multipletes levaba a unha mellor comprensión dos estados de enerxéticos dos electróns atómicos, o que levaría ó spin eletrónico e ó Principio de exclusión de Pauli.

Por invitación de Arnold Sommerfeld traballou na Universidade de Múnic e, trala creación do Instituto de Física e Química de Madrid pola Fundación Rockefeller, en 1930 foi nomeado xefe da sección de espectroscopia. Foi convidado en numerosas ocasións dos laboratorios do National Bureau of Standards de Washington, D.C., na Universidade de Princeton e o MIT.

Publicou máis de 70 artigos científicos en revistas especializadas. En 1926 recibiu un premio da Real Academia de Ciencias (España) e en 1930 o premio internacional Pelfort. De 1950 en diante exerceu como director do Departamento de Espectros do Instituto de Óptica de Madrid do CSIC. En 1952 foi asesor da Joint Commission for Spectroscopy (Comisión Conxunta de Espectroscopia), o corpo regulador para este campo. En 1954 converteuse en membro da Real Academia de Ciencias (Madrid).

Ten postulada unha Táboa periódica dos elementos máis intuitiva que as de tipo 'Werner'.

O cráter lunar Catalán leva o seu nome.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]