Metamorfose

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha libélula na súa última fase adulta, indo de ninfa a adulto.
Dous tipos de metamorfoses en insectos.

A metamorfose é o proceso polo cal un animal modifica a súa estrutura anatómica e mesmo metabólica. É habitual nos insectos, a vida dos cales divídese en fases, tanto se presentan hemimetabolismo como holometabolismo. A metamorfose separa a fase de larva e a de imago ou adulto, chamándose pupa no ínterim á fase na que se conserva nun casulo. Con todo, as metamorfoses tamén se dan en anfibios, crustáceos, moluscos, e mesmo en mamíferos, sempre que haxa unha diferenza formal entre os estadios posteriores ó nacemento e a forma definitiva dun adulto.