Mercedes Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría Mercedes Fernández González
Nome orixinal(es) Mercedes Fernández Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de agosto de 1960 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Xixón, España Editar o valor em Wikidata
Cargos
   Presidenta do PP de Asturias
Período14 de febreiro de 2012 – 
AntecesorOvidio Sánchez
  Delegada do Goberno de España en Asturias
Período12 de maio de 2000 – 30 de abril de 2004
AntecesorFernando Fernández Noval
SucesorAntonio Trevín
  Deputada nas Cortes Xerais de España
Período13 de decembro de 2011 – 24 de abril de 2012
Período6 de xuño de 1993 – 12 de maio de 2000
  Deputada na Xunta Xeral do Principado de Asturias
Período27 de abril de 2012 – 
  Concelleira de Xixón
Período7 de maio de 1983 – 12 de maio de 2000
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Oviedo
Universidad Nacional de Educación a Distancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónavogada
Partido políticoPartido Popular
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Twitter: cherines_pp Editar o valor em Wikidata

María Mercedes Fernández González, coñecida como Cherines, nada en Xixón o 4 de agosto de 1960, é unha avogada, profesora universitaria e política española. É titora de Dereito procesual do centro asociado da UNED en Asturias.[1]

Biografía[editar | editar a fonte]

Estudou no Colexio do Santo Anxo da Garda e licenciouse en Dereito na Universidade de Oviedo e en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Nacional de Educación a Distancia.[2]

Traxectoria política[editar | editar a fonte]

Presidiu o Partido Popular de Xixón entre 1989 e 2000.

Concelleira[editar | editar a fonte]

Foi concelleira no Concello de Xixón entre 1983 e 1993. Regresou en 1995, retomando a súa función de portavoz municipal.

Deputada[editar | editar a fonte]

Foi deputada en Cortes Xerais nas lexislaturas V, VI, VII e XX.

Outros cargos[editar | editar a fonte]

Foi Delegada do Goberno entre 2000 e 2004, e síndica de contas do Principado de Asturias.

Candidatura á Presidencia de Asturias[editar | editar a fonte]

Foi cabeza de lista do Partido Popular por Asturias nas eleccións xerais de España de 2011 sendo a lista máis votada, ocupando así o cargo de deputada no Congreso. En 2012, Mercedes foi elixida candidata á presidencia do Principado de Asturias polo Partido Popular nas eleccións do 25 de marzo de 2012, que foron anticipadas debido á disolución da Xunta Xeral do Principado de Asturias anunciada por Francisco Álvarez-Cascos oito meses despois de saír o seu partido, Foro Asturias, gañador das anteriores eleccións autonómicas.[3] O PP mantívose nos 10 escanos que obtivo nos comicios de 2011.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "María Mercedes Fernández González Diputada en la legislatura X". discursia.es. Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2022. Consultado o 2022-12-15. 
  2. "El retorno de «Cherines»" La Nueva España. Consultado o 31 de xullo de 2013.
  3. "Mercedes Fernández será la candidata del PP en las elecciones asturianas" La Nueva España. Consultado o 31 de xullo de 2013.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Fernando Fernández Noval

Delegada do Goberno de España en Asturias

2000-2004
Sucesor:
Antonio Trevín
Predecesor:
Ovidio Sánchez

Presidenta do PP de Asturias

2012-actualidade
Sucesor:
No cargo
Predecesor:
Isabel Pérez-Espinosa

Portavoz do Grupo Popular na
Xunta Xeral do Principado de Asturias

2012-actualidade
Sucesor:
No cargo