Liña de alta velocidade Madrid-Levante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A LAV Madrid-Levante ao seu paso por Aranjuez.

A Liña de alta velocidade entre Madrid, Castela a Mancha, a Comunidade Valenciana e a Rexión de Murcia, comunmente chamada LAV Madrid-Levante, é unha liña de alta velocidade da rede de ferrocarril en España. A liña, inaugurada parcialmente o 18 de decembro de 2010, esténdese desde a estación de Puerta de Atocha en Madrid cara ao leste con ramais que finalizan nas cidades de Valencia, Alacant, Cartaxena e Almería.

O trazado deseñouse de acordo coas especificacións técnicas de interoperabilidade da Unión Europea para liñas ferroviarias de alta velocidade. Consta de vía dobre de ancho estándar ou internacional (1435 mm) e é apta para unha velocidade máxima de 350 km/h. A electrificación, como en todas as liñas de alta velocidade españolas é de 25 kV en corrente alterna e a xestión realízase mediante ERTMS con sinalización ETCS de nivel 1 e, proximamente, con nivel 2 de entre Torrejón de Velasco e Valencia, ou soamente o nivel 2: entre a Bifurcación de Albacete e Alacant.

Tramos[editar | editar a fonte]

Estacións[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]