Estrela de neutróns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estrutura interna dunha estrela de neutróns.

Unha estrela de neutróns é o terceiro tipo de obxecto que se pode formar na fase final da evolución das estrelas, cando o núcleo restante ten entre 1,4 e 3 veces a masa do Sol. Neste caso a contracción detense debido á formación dunha 'sopa' de neutróns (aínda que diferentes modelos permiten a existencia de protóns e aínda quark illados)[1], quedando un obxecto de masa maior á do Sol que ten o tamaño dunha cidade. Moitos emiten raios X e rotan a grande velocidade, polo que se detectan como fontes de pulsos de raios X, e se denominan púlsares.

A razón pola que as estrelas que colapsan en estrelas de neutróns rematan xirando a alta velocidade débese á conservación do momento angular da estrela matriz rotatoria (de xeito semellante a unha patinadora que aumenta a velocidade de xiro ao encollerse) ao colapsar e facerse mais pequeno o seu radio acelerará a súa rotación inicial ata xerar pulsos electromagnéticos.

O tamaño das estrelas rolda os 10 km de radio para unha masa de 1,4 veces a solar, segundo estimacións que pouco a pouco van facéndose máis precisas.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Francis, Matthew R. "How big is a neutron star?". symmetry magazine (en inglés). Consultado o 2020-09-03. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]