Estación de Figueres-Vilafant

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°15′56″N 2°56′32″L / 42.265555555556, 2.9422222222222

Figueres-Vilafant
Exterior da estación
SituaciónVilafant (Xirona)
ServizosAccesible PMR Aparcadoiro Venda de Billetes
Liñas
Alta velocidadeAVE, Avant, TGV
Intermodalidade
OutrosAutobús urbano

Figueres-Vilafant é unha estación de ferrocarril de alta velocidade de Adif situada preto da cidade de Figueres, no concello de Vilafant, na provincia de Xirona (Cataluña, España).

Exerce funcións de estación fronteiriza para os tráficos de alta velocidade entre Francia e España, sendo o punto de conexión entre as liñas Madrid-Barcelona-Figueres (pertencente á rede española) e Figueres-Perpiñán (tramo de conexión internacional entre as redes francesa e española).

Descrición[editar | editar a fonte]

Francia e España acordaron que a conexión entre as redes de alta velocidade francesa e española realizásese a través dun tramo de concesión privada. O tramo conectaría coa rede española en Figueres e coa rede francesa en Perpiñán. A concesión foi adxudicada a TP Ferro, que inaugurou o 19 de decembro de 2010 a liña, denominada liña de alta velocidade Figueres-Perpiñán.

O proxecto desta liña incluía a construción da estación de Figueres-Vilafant como estación fronteiriza ao lado español, polo que foi inaugurada co resto da liña. Pola súa banda sur a liña de alta velocidade ata a fronteira non estaba terminada, polo que se deu continuidade pola rede convencional española mediante vía de largo mixto ata Barcelona.

A liña de alta velocidade Madrid-Zaragoza-Barcelona-Fronteira francesa foi finalizada en xaneiro de 2013 completando a conexión da estación. Aínda que existen proxectos para adoptar o sistema ERMTS como sistema único, existen diferenzas de sinalización e sistemas de seguridade entre as redes francesa e española, polo que a estación é utilizada como punto de transbordo entre trens que non poden utilizar a rede do outro país.

Servizos[editar | editar a fonte]

Media Distancia[editar | editar a fonte]

Tren Orixe/destino Paradas intermedias Características
Avant Barcelona-Sants Xirona 1 tren diario por sentido

Longa Distancia[editar | editar a fonte]

Tren Orixe/destino Paradas intermedias Características
AVE Madrid-Atocha Xirona · Barcelona-Sants · Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Calatayud · Guadalaxara-Yebes 8 trens diarios por sentido
TGV París-Lyon Perpiñán · Narbona · Montpellier-Saint Roch · Nimes 2 trens diarios por sentido
Enlace a Barcelona

Véxase tamén[editar | editar a fonte]