Clément Mouamba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaClément Mouamba

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de novembro de 1943 Editar o valor em Wikidata
Dingui, República do Congo (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte29 de outubro de 2021 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
XIV Distrito de París, Francia Editar o valor em Wikidata
Prime Minister of the Republic of the Congo (en) Traducir
23 de abril de 2016 – 12 de maio de 2021
← Isidore MvoubaAnatole Collinet Makosso (pt) Traducir →
Member of the National Assembly of the Republic of the Congo (en) Traducir

Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública do Congo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoCongolese Party of Labour (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Twitter: clementmouamba Editar o valor em Wikidata

Clément Mouamba, nado en Sibiti, África Ecuatorial Francesa en 1944, e finado o 29 de outubro de 2021,[1] foi un político congolés. Entre 2016 e 2021 ocupou o cargo de Primeiro Ministro da República do Congo. Anteriormente exerceu como Ministro de Finanzas (1992 a 1993). Foi símbolo da «nova República» e da «ruptura» do goberno buscado por Denis Sassou Nguesso, despois da súa reelección o 20 de marzo.

Educación[editar | editar a fonte]

Clément Mouamba estudou no Lycée Technique du 1er Mai en Brazzaville, onde obtivo o seu bacharelato, antes de ir a estudar a Montpellier, logo á Sorbona, onde obtivo un doutoramento en economía. 

Carreira profesional[editar | editar a fonte]

En 1973, uniuse ao BEAC en Yaoundé. Seis anos despois, converteuse no asistente do director. Denis Sassou Nguesso, que acababa de chegar ao poder, convérteo no seu asesor económico e financeiro, antes de poñelo á fronte do Banco Internacional do Congo (BIDC), e logo do Banco Comercial do Congo (BCC), en 1985.

Carreira política[editar | editar a fonte]

En 1992, cando Sassou Nguesso deixou a presidencia, Clément Mouamba abandonou Partido Congolés do Traballo (PCT), foi elixido deputado por Sibiti e uniuse ó primeiro goberno formado polo novo Xefe de Estado, Pascal Lissouba, como Ministro de Economía e Finanzas. Debido ós seus desacordos coa "Banda dos Catro" que rodeaba o presidente, non foi reelixido en 1995.

En 2015, Clément Mouamba rompeu co seu partido antes do referendo constitucional dese ano para participar no diálogo patrocinado polo goberno, que a oposición boicoteara, debido á cuestión do cambio constitucional. O referendo permitiu ó presidente Denis Sassou Nguesso postularse para outro período nas eleccións presidenciais de marzo de 2016.[2] Tras a asunción do presidente Sassou Nguesso por un novo mandato o 16 de abril de 2016, nomeou como Primeiro Ministro a Clément Mouamba o 23 de abril.[3] Este último constitúe o seu primeiro goberno o 30 de abril de 2016.[4]

Despois das eleccións parlamentarias de 2017, onde o partido presidencial (PCT) foi o primeiro, Clément Mouamba presenta a renuncia do seu goberno ó presidente, como é costume.[5] Foi reelixido o 21 de agosto e nomeou o seu segundo goberno o 22 de agosto.[6][7]

En maio de 2021, Clément Mouamba e o seu goberno dimitiron.

Notas[editar | editar a fonte]