Clément Mouamba
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de novembro de 1943 Dingui, República do Congo (en) |
Morte | 29 de outubro de 2021 (77 anos) 14º distrito de París, Francia |
Primeiro ministro da República do Congo | |
23 de abril de 2016 – 12 de maio de 2021 ← Isidore Mvouba – Anatole Collinet Makosso (pt) → | |
Member of the National Assembly of the Republic of the Congo (en) | |
Lexislatura: 14th National Assembly of the Republic of Congo (en) | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Congolese Party of Labour (en) |
Clément Mouamba, nado en Sibiti, África Ecuatorial Francesa en 1944, e finado o 29 de outubro de 2021,[1] foi un político congolés. Entre 2016 e 2021 ocupou o cargo de Primeiro Ministro da República do Congo. Anteriormente exerceu como Ministro de Finanzas (1992 a 1993). Foi símbolo da «nova República» e da «ruptura» do goberno buscado por Denis Sassou Nguesso, despois da súa reelección o 20 de marzo.
Educación
[editar | editar a fonte]Clément Mouamba estudou no Lycée Technique du 1er Mai en Brazzaville, onde obtivo o seu bacharelato, antes de ir a estudar a Montpellier, logo á Sorbona, onde obtivo un doutoramento en economía.
Carreira profesional
[editar | editar a fonte]En 1973, uniuse ao BEAC en Yaoundé. Seis anos despois, converteuse no asistente do director. Denis Sassou Nguesso, que acababa de chegar ao poder, convérteo no seu asesor económico e financeiro, antes de poñelo á fronte do Banco Internacional do Congo (BIDC), e logo do Banco Comercial do Congo (BCC), en 1985.
Carreira política
[editar | editar a fonte]En 1992, cando Sassou Nguesso deixou a presidencia, Clément Mouamba abandonou Partido Congolés do Traballo (PCT), foi elixido deputado por Sibiti e uniuse ó primeiro goberno formado polo novo Xefe de Estado, Pascal Lissouba, como Ministro de Economía e Finanzas. Debido ós seus desacordos coa "Banda dos Catro" que rodeaba o presidente, non foi reelixido en 1995.
En 2015, Clément Mouamba rompeu co seu partido antes do referendo constitucional dese ano para participar no diálogo patrocinado polo goberno, que a oposición boicoteara, debido á cuestión do cambio constitucional. O referendo permitiu ó presidente Denis Sassou Nguesso postularse para outro período nas eleccións presidenciais de marzo de 2016.[2] Tras a asunción do presidente Sassou Nguesso por un novo mandato o 16 de abril de 2016, nomeou como Primeiro Ministro a Clément Mouamba o 23 de abril.[3] Este último constitúe o seu primeiro goberno o 30 de abril de 2016.[4]
Despois das eleccións parlamentarias de 2017, onde o partido presidencial (PCT) foi o primeiro, Clément Mouamba presenta a renuncia do seu goberno ó presidente, como é costume.[5] Foi reelixido o 21 de agosto e nomeou o seu segundo goberno o 22 de agosto.[6][7]
En maio de 2021, Clément Mouamba e o seu goberno dimitiron.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Congo-Brazzaville: qui est Clément Mouamba, le nouveau Premier ministre?". Jeune Afrique. 10 de maio de 2016. Consultado o 17 de marzo de 2017.
- ↑ "Congo Republic president names one-time opposition leader as PM", Reuters, 23 de abril de 2016.
- ↑ Gankama N'Siah, "Exécutif congolais: Clément Mouamba nommé Premier ministre, chef du gouvernement" Arquivado 25 de abril de 2016 en Wayback Machine., ADIAC, 24 de abril de 2016 (en francés).
- ↑ "Copia archivada". 2016. Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2016. Consultado o 21 de xullo de 2018.
- ↑ "Congo-Brazzaville: démission du gouvernement Mouamba". 17 de agosto de 2017.
- ↑ "Congo-Brazzaville : Denis Sassou Nguesso reconduit le Premier ministre démissionnaire Clément Mouamba". 22 de agosto de 2017.
- ↑ "Congo-Brazzaville : ce qu’il faut retenir du gouvernement Clément Mouamba 2". 23 de agosto de 2017.