Campos de Pelennor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os Campos de Pelennor (Pelennor Fields no orixinal inglés), ou simplemente Pelennor («Terra cercada» en sindarin) son un lugar ficticio do universo imaxinario creado polo escritor británico J. R. R. Tolkien, que aparece na súa novela O Señor dos Aneis. Eran uns fértiles prados que se estendían ó leste da cidade de Minas Tirith, no reino de Gondor. Estaban cruzados por camiños e cheos de granxas que abastecían á cidade. Estes campos estaban rodeados por unha gran muralla chamada Rammas Echor.

Historia[editar | editar a fonte]

O 15 de marzo do ano 3019 da Terceira Idade (preto do termo desta), os Campos de Pelennor foron o escenario da maior batalla da Guerra do Anel e desa Idade, entre os exércitos de Sauron e as forzas de Gondor e Rohan, a coñecida como Batalla dos Campos de Pelennor.