Izquierda Unida: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Loveless (conversa | contribucións)
m bot Modificado: it:Sinistra Unita (Spagna)
m bot Engadido: pt:Esquerda Unida
Liña 102: Liña 102:
[[no:Izquierda Unida]]
[[no:Izquierda Unida]]
[[pl:Zjednoczona Lewica]]
[[pl:Zjednoczona Lewica]]
[[pt:Esquerda Unida]]
[[ru:Объединённые левые]]
[[ru:Объединённые левые]]

Revisión como estaba o 8 de novembro de 2008 ás 18:40

Izquierda Unida (IU)
Partido político de España
Ficheiro:EsquerdaUnidalogo.gif
MocidadesJóvenes de Izquierda Unida
Filiación internacionalPartido da Esquerda Europea
Historia
Fundación1986
Posicións políticas
IdeoloxíaEsquerda
Federalismo
Republicanismo
Ecoloxismo
Representación
Representación2 deputados (de 350) no Congreso dos Deputados
35 deputados nos diferentes Parlamentos autonómicos
2.484 concelleiros
Outros datos
SedeOlimpo, 35. 28043 Madrid
Na rede
www.izquierda-unida.es
Facebook: izquierda.unida Twitter: iunida Instagram: izquierda_unida Telegram: iunida Editar o valor em Wikidata

Izquierda Unida é unha organización política española. Segundo os seus estatutos, é un movemento político, social e cultural que se conforma nunha organización, política e xuridicamente soberana, que ten como obxectivo transformar gradualmente o sistema capitalista económico, social e político, nun sistema socialista democrático, fundamentado nos principios de xustiza, igualdade e solidariedade, organizado en forma dun Estado de dereito federal e republicano. Foi creada ao redor das mobilizacións contra o ingreso de España na OTAN en 1986. Inicialmente foi formada polo Partido Comunista de España (PCE), o Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE), Partido de Acción Socialista (PASOC), Izquierda Republicana (IR), a Federación Progresista (FP), o Partido Carlista e o Partido Humanista, así como independentes. Gradualmente estes partidos foron marchando de IU e actualmente está constituída polo PCE, Colectivo de Unidad de los Trabajadores, Iniciativa Socialista de Izquierdas (ISI), Espacio Alternativo e Corriente Roja. En Cataluña IU non actúa, o seu referente político alí Esquerra Unida i Alternativa é unha organización soberana.

Funcionamento interno

Ten ó redor de 70.000 afiliados. O seu responsable máximo é o Coordinador Xeral, actualmente Gaspar Llamazares e anteriormente Gerardo Iglesias eJulio Anguita.

IU ten unha organización federal da que forman parte quince federacións que teñen unha denominación específica:

Ademais existen dúas organizacións soberanas federadas a IU: Ezker Batua no País Vasco e Esquerra Unida i Alternativa en Cataluña.

Resultados electorais

Eleccións Líder/Candidato Votos Porcentaxe Representantes
1986 Xerais Gerardo Iglesias 935.504 4,63% 7 deputados
1987 Municipais Gerardo Iglesias 1.399.364 7,18% 2.315 concelleiros
1987 Europeas Gerardo Iglesias 1.011.830 5,25% 3 eurodeputados
1989 Xerais Julio Anguita 1.858.588 9,07% 17 deputados
1989 Europeas Julio Anguita 961.742 6,06% 4 eurodeputados
1991 Municipais Julio Anguita 1.579.097 8,38% 2.614 concelleiros
1994 Europeas Julio Anguita 2.497.671 13,44% 9 eurodeputados
1995 Municipais Julio Anguita 2.589.780 11,68% 3.493 concelleiros
1996 Xerais Julio Anguita 2.639.774 10,54% 21 deputados
1999 Municipais Julio Anguita 1.387.900 6,52% 2.295 concelleiros
1999 Europeas Julio Anguita 1.221.566 5,77% 4 eurodeputados
2000 Xerais Francisco Frutos 1.263.043 5,45% 8 deputados
2003 Municipais Gaspar Llamazares 1.394.871 6,68% 2.198 concelleiros
2004 Xerais Gaspar Llamazares 1.284.081 4,96% 3 deputados
2004 Europeas Gaspar Llamazares 643.136 4,15% 1 eurodeputado


  • A partires do 2004, IU concurre ás eleicións coaligada con ICV, na táboa móstranse apenas os deputados obtidos por IU, e non os que foron para ICV

Ligazóns Externas