Partido de Acción Socialista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Partido de Acción Socialista (PASOC) é un partido socialista español formado tras o Congreso de Suresnes en 1974 cando o PSOE se dividiu en dous, o sector interior ou renovador encabezado por Felipe González e o dos exiliados encabezados por Rodolfo Llopis que formaron o Partido Socialista Obrero Español Histórico. Os dous sectores buscaron ser recoñecidos pola Internacional Socialista que acabou recoñecendo o sector renovador.

Traxecotoria[editar | editar a fonte]

En 1982 cambiou a súa denominación a PASOC e elixiu como secretario xeral a Alonso Puerta, foi un dos partidos fundadores da coalición Izquierda Unida, o cal posibilitou que o partido contase con cargos electos no Congreso dos Deputados, nos parlamentos autónomicos, no Parlamento Europeo e en concellos de Madrid e Andalucía. En 1989 incorporouse ao partido Pablo Castellano, antigo voceiro da corrente do PSOE, Izquierda Socialista e que foi elixido presidente do PASOC en 1990.

No VII Congreso do PASOC decidiuse a saída de IU o cal comportou a separación do partido dos sectores contrarios á saída da coalición que formaron as correntes dentro de IU, Corriente Socialista e Izquierda Socialista de Andalucía (posteriormente transformada en partido co nome de Iniciativa Socialista de Izquierdas).

O antigo secretario xeral, Alonso Puerta deixou o partido e o novo equipo dirixido por Luis Aurelio Sánchez tivo que facer fronte a un descenso da militancia e a unhas conversas fracasadas para a integración no PSOE.