Izquierda Unida de Navarra en castelán e Nafarroako Ezker Batua en éuscaro, (IUN-NEB), é unha organización política da Comunidade Foral de Navarra. Defínese como un movemento político e social organizado da esquerda navarra e está federado con Izquierda Unida (organización política española).
Situada no espectro político da esquerda, IUN-NEB ten como obxectivo dinamizar un pensamento crítico encamiñado a lograr un cambio social fundamental na liberdade, igualdade e solidariedade. En unión doutros movementos, en especial os ecoloxistas, adoita acudir ás diferentes eleccións ofrecendo unha oferta progresista e ecoloxista. No 2011 estableceu con Batzarre a coalición electoral Izquierda-Ezkerra.